Partido Popular de Lugo

Satisfacción dos representantes populares polas explicacións dadas pola Xunta sobre a rede wimax prevista para o sur de Lugo

Monforte, a 23 de xullo de 2009.- Os alcaldes e voceiros do Partido Popular dos concellos do sur de Lugo afectados pola implantación dunha rede wimax amosaronse satisfeitos polas explicación aportadas hoxe pola Delegada Terriotorial da Xunta de Galicia na provincia Raquel Arias, das que sacaron, como principal conclusión, que en ningún caso a Consellería de Medio Rural pretende anular este proxecto; e que, de feito, é prioritario para o Goberno galego dotar de banda ancha a esta zona e que a partida económica establecida inicialmente para este proxecto, un millóns de euros, manterase para a mesma finalidade.

Os representantes populares, entre os que tamén se atopaba o Presidente provincial José Manuel Barreiro, indicaron que Raquel Arias lles explicou polo miudo o acontecido e as razóns que levaron á Xunta a adoptar a decisión de rescindir o contrato coa empresa adxudicataria. Argumentacións que, segundo indicaron ó remate da reunión celebrada en Monforte, parecéronlles convincentes, xa que a anulación da concesión á empresa adxudicataria responden tanto a criterios técnicos como ó incumplimento das condicións establecidas no contrato.

Así, segundo explicaron, o anterior Goberno bipartito da Xunta, a través de Agader, dependente da Consellería de Medio Rural, asinou o pasado 5 de marzo un contrato administrativo coa empresa adxudicataria no que se establecia un prazo de execución de só tres meses, é dicir, a implantación dunha rede de telecomunicación sen fío de acceso a Internet por banda larga nos concellos afectados debía estar operativa o pasado 5 de xuño.

Esa teórica implantación non só non se fixo na data establecida senón que ademais, despois de comprobarse detalladamente os informes emitidos polos técnicos recabados por Agader sobre a viabilidade do proxecto, despréndense que coa rede a implantar non se aseguraría o acceso real á banda larga de Internet nas zonas afectadas.

Por todo elo, en opinión da Xunta, segundo trasladou ós representantes populares Raquel Arias, seguir adiante con este proxecto suporía unha irresponsabilidade por parte da Administración autonómica e un despilfarro de fondos públicos, xa que demostrado está que era un proxecto mal concebido tanto no fondo como na forma e que non contaba coas garantías técnicas e xurídicas precisas.

Os alcaldes e voceiros populares e propio Presidente provincial acolleron de bo grao que Arias lles asegurara que a Xunta está a traballar na posta en marcha dun Plan director de Telecomunicacións para toda Galicia no que se establecerá como zona prioritaria para a dotación de banda ancha de Internet ós mencionados concellos do sur da provincia de Lugo.