Partido Popular de Lugo

Os rexidores do Partido Popular afectados pola instalación da rede wimax reúnense mañá en Monforte coa Delegada da Xunta

Lugo, a 22 de xullo de 2009.- Os alcaldes e voceiros populares dos trece concellos do sur da provincia de Lugo afectados pola instalación de banda ancha prevista pola Xunta de Galicia, acompañados polo Presidente provincial José Manuel Barreiro, manterán mañá unha xuntanza coa Delegada da Xunta en Lugo Raquel Arias.

Os responsables populares solicitaron manter unha reunión urxente coa representante da Administración Galega na provincia para coñecer de primeira man as razóns polas que se rescindiu o contrato á empresa adxudicataria da dotación da rede wimax nestes municipios.

Raquel Arias atendeu a petición dos rexidores e voceiros populares dos municipios de Chantada, Carballedo, Taboada, Monforte, Pantón, O Saviñao, Sober, Bóveda, A Pobra do Brollón, Palas de Rei e Monterroso e o encontro terá lugar mañá en Monforte, ás 18:30 horas, na sede da Fundación Terras de Lemos.