Partido Popular de Lugo

O GPPP afirma que a Deputación, para a Mariña, “está fóra de servicio”

Lugo, a 22 de xullo de 2009.- O GPPP saiu hoxe ó paso das manifestacións feitas onte por Lara Méndez acerca do compromiso da Deputación coa comarca da Mariña. Segundo o voceiro adxunto dos populares no ente provincial, José María González Barcia, a Deputación, no que respecta á Mariña, “está fóra de servicio e leva así dous anos”.

González Barcia fíxose varias preguntas sobre o grao de compromiso da Deputación coa Mariña. Por exemplo, pregúntase se existe unha soa obra durante estes dous anos feita pola Deputación con fondos propios. Tamén se pregunta se Lara Méndez mentiu cando a finais do verán de 2007 afirmou, “sen o menor recato”, que o parque de bombeiros de Barreiros estaría en marcha no primeiro trimestre de 2008. 

Barcia tamén se pregunta se aumentaron as axudas da Deputación ós sectores pesqueiro e agrogandeiro ou se esta institución se implicou na  promoción turística da comarca, lembrando o “ninguneo” que, o seu enteder, Besteiro someteu ó entorno da praia das Catedrais. Igualmente, Barcia pregúntase polos parques empresariais que, promovidos pola Deputación, se remataron ou se puxeron en funcionamento nestes dous anos.

Para o voceiro adxunto dos populares na Deputación, calquer cidadán desta comarca mínimamente informado, “e son moitos os que o están”, tén claras as respostas a estas preguntas. Polo tanto, segundo Barcia, a Deputación é unha administración que para os mariñanos queda lonxe, porque na comarca “ni está ni se la espera”. Por eso, na súa opinión, “os socialistas deben de deixar de engañar ós cidadáns e poñerse a traballar, cousa na que non se prodigan moito, precisamente por esa razón as cousas van como van”.