Lugo, a 16 de xullo de 2009.- O Grupo provincial do Partido Popular amosouse “abraiado” polas declaracións realizadas onte en Monforte polo Presidente da Deputación José Ramón Gómez Besteiro nas que “literalmente se desentendeu, sen ruborizarse” da situación na que se atopa o complexo quirogués nautico-turístico de Aguasmestas.
En opinión dos populares “Besteiro ten unha cara que lle chega ó chan” porque é a súa responsabilidade velar polo mantemento de instalacións de propiedade provincial. “Á deixadez das súas funcións, xa de por si grave, agudizase aínda máis con este novo arranque de arrogancia e fuxida hacia adiante que o leva a facer o ridículo máis esperpéntico”, explicou José Manuel Barreiro.
Para o GPPP o primeiro erro de Besteiro foi “evitar” facer “un anuncio dunha intención de proxecto” onde “tiña que facelo”, é dicir, nas instalacións que agora “pretenden rehabilitarse despois de permitir que foran arrasadas”, porque eso denota “unha absoluta cobardía pola súa parte”.
O segundo e voltar a “vender fume” porque, unha vez máis, do que falou onte foi dunha “intención, dunha vontade de facer” porque neste intre só hai un asinado un convenio de colaboración con Cogami para facer un proxecto para cuxa execución, ademais, non hai comprometida financiación nin sequera por parte da propia Deputación.