Partido Popular de Lugo

O GPPP lembra que hai un mes solicitou os informes sobre a Residencia Miño

Lugo, a 11 de xullo de 2009.- O GPPP denunciou hoxe que hai un mes que solicitou documentación sobre o estado da Residencia Miño, a raíz do incendio sufrido pola mesma a finais de maio, e que ainda non tén ningunha resposta de Gómez Besteiro.

O voceiro adxunto do PP na Deputación, José María González Barcia, afirma que o escrito presentouse o pasado 12 de xuño, hai un mes, e no mesmo solicitábase acceso á denuncia formulada na Comisaría de Policía a principios de agosto de 2008, a un infomre interno de 10 de xaneiro do presente ano, e a outro máis de febreiro, nos que se alertaba da situación e do que estaba acontecendo na Residencia Miño.

Para González Barcia, Besteiro cometeu unha grave irresponsabilide no pleno do pasado día 30 de xuño, ó non dar á oposición toda a información e por riba decir que el non tiña nada que ver no asunto. A única conclusión que se saca é que Besteiro está tentando ocultar as súas actuación porque sabe que neste asunto hai unha perda patrimonial de medio millón de euros, só achacable á súa desidia como presidente.

Os populares consideran que Gómez Besteiro, tan dilixente en certas cuestións, é o responsable directo dos destrozos e desmantelamento da Residencia Miño, e tamén de Augasmestas. E polo tanto sería bo que asumise a responsabilidade que lle toca, despois de dous anos, xa non é creible nin de recibo que tente soltar as resonsabilidades sobre outros.