Partido Popular de Lugo

O GPPP alerta de que Besteiro pode incurrir en responsabilidades por permitir que haxa unha perda patrimonial na Deputación

Lugo, a 3 de xullo de 2009.- As preguntas presentadas polo GPPP no pleno do pasado martes foron rexistradas “en tempo e forma” na Deputación, concretamente un día antes da celebración da reunión da corporación provincial. 

Así o asegurou hoxe o voceiro adxunto dos populares José María González Barcia en resposta ás “mentiras” manifestadas polo voceiro dos socialistas Antonio Gato. Engadindo, ademais, que é a primeira vez que o Presidente José Ramón Gómez Besteiro elude respostar no pleno ás cuestións plantexadas dende a oposición e que por regra xeral, ademais, sempre se rexistran o día antes da súa celebración.

Reitera o voceiro adxunto dos populares que o feito de que o máximo responsable da Deputación non queira dar conta do estado no que se atopa o patrimonio da institución o que denota é que hai algo que ocultar porque “aquí prodúxose claramente unha deixadez de funcións” e alerta de que o Presidente Besteiro “pode incurrir en responsabilidades por permitir unha perda patrimonial dos bens de propiedade provincial”. 

Para Barcia o que debería facer o Sr. Gato, “na vez de xusitificar o inxustificable”,  é explicar por qué razón non se recoñece a existencia é non se dá conta dos dous informes realizados por técnicos da administración provincial sobre a situación da Residencia Miño con data de xaneiro e febreiro, respectivamente, de este ano.

Situación parecida ó caso da anulación dos proxectos de construcción dos ascensores nas casas consistoriais de Lourenzá e Mondoñedo, que foi un asunto abordado na xunta de goberno de 24 de abril á que asistiu o propio Besteiro.   

Por todo esto, na opinión de González Barcia “o Sr. Gato amosa unha total falta de rigor  sempre que abre a boca, incluso cando tenta dar leccións de responsabilidade”. Así, o voceiro adxunto dos populares suliña que “cando non podo asistir a unha reunión aviso desa imposibilidade con tempo suficiente”; algo que, segundo recalca, non fixo o Sr. Gato cando o pasado luns “non se presentou nin disculpou a súa ausencia” nunha xuntanza convocada para abordar precisamente o regulamento que rexirá o funcionamento da Deputación e que por tal motivo non puido celebrarse.