Lugo, a 29 de xuño de 2009.- O voceiro adxunto do Grupo provincial do Partido Popular José María González Barcia amosouse sorprendido polas valoracións recentemente efectuadas polo voceiro do Grupo socialistas na Deputación Antonio Gato sobre os Grupos Municipales de Intervención Rápida (Grumir) e pregúntase por qué razón durante a etapa do goberno bipartito na Xunta de Galicia, dado que durante ese tempo mantiveron as mismas características e a mesma dotación operativa que durante a etapa anterior, “estivo caladiño e non se queixou de nada”.
Tras salientar que considera “chocante” este cambio de actitude, González Barcia lembra que ata o mes de decembro estará vixente un acordo suscrito pola Xunta e a Fegamp na que se establecen as características e reparto destes grupos, acordo que figura no Pacto Local, que deixou feito o PP, asumiu o bipartito e que “non se desenvolveu nos últimos catro anos, por certo”. Salienta incluso que neste Pacto Local contémplase a posibilidade de que os concellos que teñen competencia nos centros de saúde negocien coa administración autonómica, como de feito están a facer, para que sexa ésta a que asuma o custo de determinados servicios.
Lembra tamén o voceiro adxunto dos populares que “moitísimo peor” era o reparto de Grumirs que se fixera o ano paasdo entre os concellos da provincia. De feito, ese novo reparto paralizouse a petición da propia Fegamp ó considerar que sería inoperativo porque o servicio non podería manterse as 24 horas.
Gato Soengas insiste agora, dice Barcia, en que a Xunta cubra as emerxencias pero resulta que a Lei de Emerxencias, que entrou en vigor en 2006, precisamente co Goberno bipartito, dalle amplias facultades á Xunta e ás Deputacións nesta materia; por qué entón, pregúntase o voceiro adxunto dos populares, non se fixo uso desta potestade. Así, de feito, a Administración provincial podería durante estes dous últimos anos subvencionar ós concellos para que os Grumir poideran estar operativos durante os doce meses do ano como fai a Deputación de A Coruña, pero non o fixo. É máis, segundo recalca González Barcia, rexeitaron unha moción presentada polo PP neste senso e esa negativa fíxose tamén extensible ós concellos nos que se presentou unha proposta parecida como é o caso de Cervo e Burela, por exemplo.
PARQUES DE BOMBEIROS.- O voceiro asxunto dos populares na Deputación tamén convida a Gato a que “deixe de leriar e se poña a traballar de verdade” no que atinxe á posta en marcha dos parques de bombeiros comarcais.
“Parece de chiste”, salienta Barcia, “que o voceiro dos socialistas culpe agora á Xunta de todos os males cando, por exemplo, as obras de construcción do parque de bombeiros de Viveiro aínda non contan con licencia municipal de obra e eso que o alcalde é deputado provincial”.
González Barcia tamén indicou que a Xunta si nombrou representantes no consorcio provincial de bombeiros, así que, na súa opinión, “non hai excusas, se queren traballar e seguir adiante con este tema poden facelo perfectamente”.