Samos, a 26 de xuño de 2009.- Martín Chaos Carballo asumiu a presidencia do xunta local do Partido Popular en Samos durante unha asamblea celebrada a última hora da tarde de onte á que tamén asistiu o máximo responsable provincial José Manuel Barreiro e o Secretario xeral da formación José Manuel Balseiro.
A candidatura que encabeza Chaos Carballo era a única que concurría a elección. Forma parte dela como vocais Uxío Veiga Campo, José Aurelio López López, Antonio Fernández López, Manuel López Armesto, Miguel Angel Mourelo Raposo, Carlos Rafael Belón Ares, Alberto Rodríguez Arias, Miguel López Doval, Adolfo Díaz Somoza e Miguel Sampedro López. Éste último asumirá as funcións de Secretario xeral da nova executiva.
O novo Presidente fixouse como principal obxectivo desta nova andaina a recuperación da Alcaldía de Samos nas vindeiras eleccións municipais porque, ó seu entender, “é posible”. Para conseguilo, indicou que centrará os seus esforzos en consolidar o partido, “darlle solidez e manter a unidade”, para o que establecerase unha “estreita coordinación e colaboración” co grupo municipal do que el, ó igual que outros membros da executiva, forman parte.
Ampliar a afiliación coa que conta o partido no municipio é outro dos obxectivos que se marca e para o que se iniciará de xeito inmediato unha campaña de afiliación.
Nesta primeira fase do seu mandato Martín Chaos tamén ten previsto integran na xunta directiva, un órgano de dirección máis amplo que a executiva, boa parte dos militantes cos que conta na actualidade a formación. Trátase de que todas as parroquias do municipio teñan representación directa para así coñecer de primeira man as demandas que plantexan os veciños e tentar darlle resposta ás mesmas, coa presentación das iniciativas que correspondan, no prazo máis breve posible.
José Manuel Barreiro, pola súa banda, tamén animou á nova executiva a traballar “duro” para acadar os obxectivos que se fixaron, ó tempo que salientou o importante proceso de renovación que se está a levar a cabo en todas as agrupacións locais do partido na provincia para “ampliar aínda máis a xa importante base social coa que contamos”.