Partido Popular de Lugo

OS CONCELLOS PODERÁN CONTRATAR AOS PARADOS QUE NON RECIBAN PRESTACIÓN ANTES DE QUE REMATE O MES DE XULLO

A Mariña, 23 de xuño de 2009.- O deputado autonómico do Partido Popular de Galicia (PPdeG), Jose Manuel Balseiro Orol avanzou que antes de que finalice o mes de xullo estarán contratados 4.000 parados que esgotaron a súa prestación por desemprego en Galicia. As contratacións efectuaranse con cargo aos 34,7 millóns de euros que o novo Goberno de Galicia transferirá ás distintas entidades locais en aplicación do que denomina como Plan de Emprego Municipal que puxo en marcha a Consellería de Traballo e Benestar, e a través da que se promove a contratación de parados sen subsidio.

Onte o Diario Oficial de Galicia (DOGA) publicaba a resolución na que se establecía o perfil das actividades a desenvolver polas persoas que van a ser contratadas, todas elas, en ámbitos relacionados cos novos “viveiros de emprego”, isto é os servizos ambientais, educativos, culturais, turísticos, deportivos, de protección civil e de novas tecnoloxías e informática.

Serán os distintos concellos os que ao longo das próximas semanas deberán iniciar os procesos de selección destes traballadores. A duración dos contratos que se asinen con cargo a este plan que ten por obxecto mellorar a empregabilidade destas persoas, facilitar a súa práctica profesional e a súa posterior reinserción laboral pero tamén, garantir que poidan obter uns ingresos mínimos, se situará entre os seis e os nove meses.

Na actualidade, o 35% dos desempregados lucenses non están a obter ningún tipo de prestación ou subsidio público. Precisamente este colectivo é o beneficiario principal deste plan posto en marcha pola Xunta de Galicia.