Partido Popular de Lugo

O GPPP acusa a Besteiro de usar a Deputación como axencia de recolocación de ex cargos socialistas do bipartito

Lugo, a 20 de xuño de 2009.- Os populares acusaron ao Presidente da Deputación de converter “nunha axencia de colocación a institución provincial”. O voceiro adxunto dos populares  refírese a nomeamentos que se fixeron “na casa” e que apuntan a que “hai compromisos políticos e favores que pagar a persoas que tiñan  cargos no goberno bipartito”. En concreto refírese  á designación  por decreto do alcalde de Triacastela como director da granxa provincial Gayoso, de Castro Ribeiras de Lea, logo de cesalo como xefe de servicio na Xunta de Galicia; ou a contratación de Rodríguez Edrosa, exdelegado de Presidencia, como asesor do INLUDES.

O voceiro adxunto dos populares considera “impresentable” que se xogue tan alegremente cos cartos de todos, e censura que Besteiro convirta á Deputación nun “nido de clientelismo e caciquismo”.

Para os populares nomeamentos como este reflicten cal “é a auténtica loita contra o desemprego que practica Besteiro: converter a Deputación nun lugar de reposo e boa vida para cargos socialistas”.

O PP sospeita que esta non será a única incorporación de excargos socialistas, “o Presidente da Deputación Provincial está rindose dos cidadáns da provincia, e especialmente dos parados, porque se gastarán cartos de todos en pagar favores o que demostra o gusto polo despilfarro e o derroche”.