Lugo, 19 de xuño de 2009.- Os deputados e senadores do Partido Popular de Lugo comprometéronse a realizar xestións para canalizar iniciativas que redunden na búsqueda de solucións á problemática de Pascual. Así llo fixeron saber, esta mesma tarde, aos representantes do comité de empresa da factoría cos que se reuniron na sede do PP.
Os representantes populares en Madrid anunciaron que apoiarán cantas propostas sexan necesarias para recordarlle ao goberno de España os compromisos asumidos con estes traballadores.
“Sempre hemos amosado a nosa disposición a presentar calquera tipo de iniciativa que contribúa a clarificar a situación e buscar solucións”, puntualizou o Presidente provincial, José Manuel Barreiro. Nese senso lembrou que, dende que se iniciou o problema, se celebraron distintas xuntanzas con membros do comité de Pascual, a última, precisamente, contando coa presenza do Presidente da Xunta de Galicia. Nese senso avanzou que “farán todo o que faga falta para buscar solucións contra a pérdida de traballo como consecuencia do peche da planta de Outeiro de Rei”.
Na xuntanza participaron os deputados nacionais Joaquín García Díez e Olga Iglesias Fontal e os senadores José Manuel Barreiro, Armando Castosa e María Gueimunde.