Partido Popular de Lugo

Barreiro pide aos cargos do partido que manteñan o ritmo de traballo e non “baixen a garda” advertíndolles dunha “campaña de desprestixio” forzada polo nerviosismo PSOE

Lugo, a 19 de xuño de 2009.- O Presidente provincial do Partido Popular José Manuel Barreiro mantivo, esta tarde, unha  reunión de traballo con deputados autonómicos, nacionais e senadores. Este encontro enmárcase dentro do calendario de traballo que o Presidente Provincial desenvolve con cargos da provincia de cara a  coordinar as actuacións de Partido facendo un especial fincapé no traballo parlamentario.

Na xuntanza analizáronse, entre outras cuestións, a fase na que se atopa a execución de diversas infraestructuras dependentes tanto da administración central como  autonómica. Neste senso se sopesou a posibilidade de instar á Xunta a que presione ó Goberno nacional con este mesmo obxectivo, sobre todo no que se refire ás obras das autovías.

Un dos temas específicas que se abordou foi, por exemplo, o retraso xa asumido polo Ministerio de Fomento da chegada do tren de alta velocidade a Lugo. A este respecto os representantes populares indicaron que “estarán moi vixiantes para evitar que Lugo sega a ser a gran perxudicada nos recortes ou na variación das actuacións promovidas dende este ministerio”.

O Presidente Provincial pediu aos cargos do Partido que se manteñan alerta e que non baixen a guardia logo dos resultados positivos obtidos nos dous últimos procesos electorais “hai que manter o ritmo de traballo,  temos que seguir moi pegados aos problemas dos lucenses e buscar solucións”.

Por último, Barreiro advertiu aos seus que “froito do seu nerviosismo” o PSOE “está disposto a utilizar calquera tipo de ferramenta, ou acusación falsa, como a responsabilizarnos dunha falsificación dunha firma, para desprestixiarnos”. A instrucción do lider do PP lucense foi contundente “non permitiremos manipulacións nin mentiras gratuítas”.