Partido Popular de Lugo

O GPPP critica que Besteiro non aplique igualdade de trato e respecto institucional para todos os municipios da provincia

Lugo, 18 de xuño de 2009.- O GPPP acusa ao presidente da Deputación de cometer “un acto de absoluta falla de respecto institucional” ao priorizar entrevistas con alcaldes socialistas cando ten en axenda, dende hai máis de ano e medio, audiencias con responsables de concellos do Partido Popular.

Os populares demandan que a Deputacion “aplique igualdade de trato e respecto institucional para todos os municipios da provincia” algo que entenden que non está a cumplir.

O voceiro adxunto dos populares, José María González Barcia, califica de inadmisible que,  a estas alturas, Besteiro non dése audiencia “a un grupo de alcaldes afectados polo canon” cando a cita lla pediron a finais do ano 2007. Outro caso chamativo é que Besteiro pase por un concello cun problema de infraestructuras, coma Ourol, para dirixirse a Viveiro, e nin sequera chame ou contacte co alcalde para analizar a situacion.

Para os populares esta actitude resta credibilidade ao Presidente da Deputación e deixa en entredito os seus compromisos no discurso de investidura no que falou de gobernar para todos: “o que demostra Besteiro é que unicamente goberna para todos … os que pensan coma el e que, por desgracia,  falta ó respecto a moitos outros alcaldes, concellos e veciños desta provincia”.