Partido Popular de Lugo

UNHA EMENDA DO PPDEG PERMITE APROBAR NO PARLAMENTO A POSTA EN MARCHA DOS TRANSPORTE METROPOLITANOS DA CORUÑA, LUGO, OURENSE, PONTEVEDRA E VIGO

Santiago, 17 de xuño de  2009.- Unha enmenda do Grupo Popular permitiu hoxe na Comisión de Ordenación Territorial do Parlamento a aprobación dunha iniciativa encamiñada a poñer en marcha os transportes metropolitanos de Lugo, Ourense, Pontevedra e Vigo e, de xeito inmediato o da Coruña, garantindo a  integración das tarifas entre os distintos modos de transporte.

O deputado popular Gómez Alonso acusou hoxe na Comisión de Ordenación Territorial do Parlamento á Xunta bipartita de ter sido incapaz de implantar o Plan de Transporte Metropolitano aprobado pola anterior Xunta do PPdeG. Así recordou que no ano 2005 se firmaron convenios cos concellos da área de Ferrol e de A Coruña converténdose  nas primeiras áreas de transporte metropolitano en funcionamento (agás no Concello de Cambre na área da Coruña).

Gómez Alonso rebateu as afirmación de que o goberno de Pérez Touriño convertera o transporte público nunha das súas prioridades “xa que na etapa do goberno bipartito o que se fixo foi poñer en marcha o transporte metropolitano na área de Santiago en outubro de 2006, cuxas negociacións xa comezaran na etapa anterior”. 

Para o deputado popular se ben hai que recoñecer que o goberno bipartito deseñou un novo Plan de Transporte Metropolitano “os deputados socialistas na súa iniciativa están a atribuírlle ao anterior goberno a culminación do proceso na área da Coruña coa sinatura dun convenio”. Segundo Gómez Alonso esto é falso xa que o único que se asinou foi un protocolo de intencións cos concellos da área de transporte metropolitano da Coruña no que asumían o compromiso de, no prazo de tres meses, someter á aprobación dos seus órganos competentes o convenio proposte, logo do cal a Xunta de Galicia o sometería á aprobación do Consello de Goberno. 

Deste xeito a día de hoxe, segundo indicou o deputado popular, tan só ten aprobado o convenio o Concello  de Culleredo, e a mesma previsión é aplicable ao resto das áreas urbanas xa que o anterior goberno bipartito non deixou pechado o transporte metropolitano nas áreas de Vigo, Pontevedra, Ourense nas que existen coalicións nas que participa o PSOE . 

Gómez Alonso recordou na súa intervención a nova aposta do actual presidente da Xunta de Galicia, Alberto Núñez Feijoo, polo transporte metropolitano nas distintas áreas urbanas de Galicia. Así recordou que no seu discurso de investidura sinalou que “se creará o Consorcio de Transportes de Galicia, integrado pola propia Xunta de Galicia, os concellos , as deputacións e o Ministerio de Fomento, para apostar de xeito definitivo polo desenvolvemento coordenado co transporte público. No ámbito metropolitano e dos núcleos intermedios, poremos en marcha plans de transporte metropolitano”.