Xermade, 16 de xuño de 2009.- O Presidente provincial do Partido Popular, José Manuel Barreiro, presidiu hoxe a actualización do comité executivo local do Partido Popular de Xermade. Coa xuntanza desta tarde se reanuda o calendario de convocatorias previsto para renovar os comités locais da provincia e que quedou en suspenso coincidindo coa celebración das eleccións europeas.
![]() |
O Presidente provincial subliñou que o seguirá co programa de actualizacións das executivas locais da provincia xa que de cara ás eleccións municipais considera prioritario ter a punto a maquinaria “o esforzo paga a pena porque nos permite aproximar ós órganos do partido ás realidades dos distintos concellos”. José Manuel Barreiro explicou que esta proposta de traballo é positiva para dinamizar o partido e dar protagonismo a base social que o conforma.
COMITÉ EXECUTIVO.- Os afiliados que participaron na asemblea de Xermade respaldaron a única candidatura que se presentou e que encabeza o actual alcalde Tomás Rodríguez Arias. O presidente local repite cargo acompañado por once vocais: Antonio Rivera Requeijo, Constantino Fernández Teijido, Mario Félix García Prieto, Laureano de Bernardo Paz, Alberto Pena Criado, Andrés Ares Ameijide, Marta Rodríguez Criado, Miguel García Ramos, Victor Ares Agras, Guillermo Gutiérrez Escajedo e Carlos Pena López.
O presidente da executiva local destacou que “se renovou máis da metade do equipo co ánimo de continuar dinamizando e enriquendo o partido.
Tomás Rodríguez Arias, aproveitou este acto de actualización para destacar o esforzo importante realizado dende o Partido Popular para mellorar a calidade de vida dos cidadáns deste concello. Tomás Rodríguez, insistiu en que se potenciará a relación cos veciños “dende o primeiro momento aspiramos a resolver os problemas cotiás e únicamente poderemos ter éxito si contamos coa opinión sincera de todos”.