Partido Popular de Lugo

O GPPP ACUSA AO GOBERNO PROVINCIAL DE APROVEITAR UNHA XORNADA INFORMATIVA COS CONCELLOS PARA FACER PROSELITISMO

Lugo, 15 de xuño de 2009.- O Grupo Provincial do Partido Popular lamenta a actitude do goberno provincial que “non ten o máis mínimo recato” en aproveitar unha xornada informativa para facer propagande e negar o traballo que quedou feito polo anterior goberno da deputación.  Os populares queren deixar claro o seu apoio a calquera acto divulgativo que sexa positivo para mellorar as relacións entre concello e diputación pero acusan a Gato Soengas de actuar con “resentimento e ansiedade”.

Os populares interpretan a intervención de Gato Soengas, na inauguración do Encontro Provincial de Cooperación cos concellos que se celebrou hoxe na Deputación, como unha mostra máis do “mezquino estilo de gobernar” que caracteriza aos socialistas: “intentan ocultar a súa falta de xestión ocultando a propósito os logros que se conseguiron co goberno do PP”.

Para o voceiro adxunto dos populares, José María González Barcia, a intervención de Gato Soentas  supón “unha falla de respecto tanto á institución provincial coma  aos seus traballadores”, cando afirma que na etapa anterior do goberno provincial  “non había nada que funcionase de cara á cooperación cos concellos”. Segundo Barcia, nótase que “a Gato Soengas lle gusta moito a historia, pero interprétaa mal, porque algún dos intervintes que o seguiron  rectificaron as súas verbas”. 

Os populares lembran  que boa parte dos servizos que hoxe se anunciaron xa se viñan realizando co goberno do Partido Popular, desde os anos oitenta e noventa, con certo éxito.  Ese é o caso  a asesoría xurídica, a defensa letrada dos concellos, a recadación, ou as actividades de formación do persoal da administración local. E incluso se prestaba o servizo de asesoría en materia de urbanismo. González Barcia lembra que mesmo a Deputación puxo secretario a algún concello, como o de Burela cando se segregou de Cervo.

O voceiro adxunto dos populares confía que  Gato Soengas rectifique: “unha de dúas ou falsea a realidade ou descoñece o funcionamento dos servizos da deputación  na anterior etapa”, puntualizou González Barcia. Ante situacións deste calibre os  populares pídenlle ao Sr. Gato que non use actos ou xornadas de carácter formativo e informativo, que teñen un obxectivo de divulgación, para facer “burda  propaganda política”.