Lugo, a 14 de xuño de 2009.- O GPPP denunciou hoxe que a Deputación está a incumplir as súas propias normas de xustificacións das subvencións a comunidades veciñais para pequeñas obras de infraestructuras correspondentes ó ano 2008.
O voceiro adxunto do GPPP, José María González Barcia, afirmou que as certificacións da realización das obras subvencionadas está a ser discordante coa norma que a rixe.
Así, nas dúas subvencións que se aprobaron o pasado venres na Xunta de Goberno as certificacións da realización da obra correspondente debería estar asinada por un técnico, tal e como figura no modelo das bases aprobadas no seu día, e tal e como consta na certificación que figura nos expedientes. En cambio, están asinadas por persoal que pertenece á categoría de oficios. González Barcia considera que este é un incumplimento das propias bases, e que debe subsanarse canto antes. E que en todo caso para nada é achacable ó persoal da Deputación.
Na súa opinión, a culpa de todo este desaguisado, que está a producir certa inquedanza entre o persoal correspondente, este é un exemplo máis da nula preocupación polo traballo dos concelleiros delegados, especialmente da parte socialista.
Se o deputado delegado de Patrimonio, Melchor Roel, aínda non abriu a boca con respecto á Residencia Miño, Gato Soengas, diputado de cooperación cos Concellos, tan minucioso el con cousas do pasado, demostra certo pasotismo nun asunto que debería servir de exemplo de rectitude no cumprimento da norma que a propia Deputación se impón.