Partido Popular de Lugo

O GPPP PÍDELLE A BESTEIRO QUE ASUMA A SÚA RESPONSABILIDADE NO DETERIORO DA RESIDENCIA MIÑO

Lugo, a 13 de xuño de 2009.- O GPPP pediulle hoxe a Gómez Besteiro que asuma a súa responsabilidade no deterioro da Residencia Miño, dado que quen comparte goberno  na Deputación é o PSOE. Os populares salientan que a situación de deterioro da Residencia prodúcese desde hai escasamente un ano e insisten en que informes técnicos realizados polos propios servicios da administración provincial así o constatan. 

O voceiro adxunto dos populares, José María González Barcia, asegurou que as manifestacións de onte de Gato Soengas logo da Xunta de Goberno son “puro escapismo político”, e unha mostra da ineficacia e de deixadez de funcións que teñen os socialistas alí por onde pasan, porque se refiren ó pasado e esquecen o presente, no que eles son responsables, e é do que se está a falar. O que é certo é que a situación actual da Residencia Miño non é culpa do PP, senón de José Ramón Gómez Besteiro, quen, unha de dúas, ou non se entera ou non se quere enterar.

Barcia asegura que hai varias cousas certas: que hai un ano as condicións da Residencia Miño eran boas, mesmo había persoal da Deputación alí traballando e existía servicio de vixiancia; que as danos comenzaron a producirse en agosto do ano pasado; que o desmantelamento comenzou en xaneiro; que Besteiro non fixo nada a pesares de saber o que pasaba, e que arranxar en condicións a Residencia pode suponer agora un custo superior ó seu precio en orixe. Esa, segundo Barcia, é a realidade e quen tén que aclarala é o propio Sr. Besteiro. Gato actúa aquí de “mandadiño” e de “recadeiro”.
Polo tanto, segundo Barcia, que lembra que un dos recursos dos socialistas cando non teñen argumentos é o de culpar de todo o que se move ós demais, a responsabilidade de que a provincia perda máis de oitenta millóns de pesetas do seu patrimonio é dos socialistas, que están acostumados ó despilfarro do patrimonio público e ó derroche.

Os populares insisten en reclamar que sexa Besteiro o que asuma o gasto de reparación da Residencia Miño.