Partido Popular de Lugo

O PARLAMENTO APROBA UNHA INICIATIVA DO PPDEG PARA GARANTIR A TRAZABILIDADE DA CARNE PROCEDENTE DOUTRAS AUTONOMÍAS E QUE SON SACRIFICADAS NOS MATADOIROS GALEGOS

Santiago, 12 de xuño de  2009.- A Comisión de Agricultura, Alimentación, Gandería e Montes aprobou hoxe unha iniciativa do Grupo Popular para esixir aos matadoiros que cubran de forma específica tódolos campos da etiqueta de trazabilidade sendo especialmente rigorosos co lugar de procedencia, tanto no campo de nacemento como o de cebo. Esto se produce porque ata o de agora se limitaba a poñer España e se esixe que figure a Comunidade Autónoma para que ese dato sexa coñecido polo consumidor final.   

Para Emma Álvarez Chao, autora da iniciativa, se trata de solventar un problema que supón unha fonda preocupación para o sector gandeiro da nosa Comunidade  e en especial o subsector do vacún de carne “o gran olvidado” durante a anterior lexislatura para a Consellería do Medio Rural. Esto se produce porque desde distintas Comunidades veñen a matarse reses de gando aos matadoiros galegos saíndo destes con etiquetas de trazabilidade onde non figura a Comunidade Autónoma onde naceu ou foi cebado o  animal sacrificado. 

Esta medida afecta aproximadamente  75% dos tenreiros sacrificados, xa que o restante 25%  pertencen a Ternera Gallega e  teñen todas as garantías coas pegatinas de trazabilidade que levan todas as partes do despiece da canle e figurando ademais o certificado de garantía que acompaña a esta  onde figura unha trazabilidade completa. 

Segundo a deputada popular é necesario distinguir con claridade a procedencia dos animais que saen dos matadoiros galegos para que o consumidor final teña claro esto cando vai a mercar carne e saber se se trata dun produto autóctono ou non. Para Emma Álvarez “estas carnes das que estamos a falar e queremos identificar, chegan a Galicia cunhos custos de produción inferiores aos nosos e son reses xeneralmente maiores do ano que as comerciais poñen no mercado a prezos asequibles, deixando forma de mercado as producidas en Galicia, xa que a nosa tradición e o bon facer lévanos a poñer no mercado reses máis xovenes e de menos kilos canal”.