Partido Popular de Lugo

O GRUPO POPULAR SOLICITA NO PARLAMENTO UNHA REFORMA DAS TITULACIÓNS NAÚTICO-PESQUEIRAS PARA ADECUALAS Á REALIDADE ACTUAL

Santiago, 12 de xuño de 2009.- O voceiro de Pesca do Grupo Popular, José Manuel Balseiro, presentou na Cámara autonómica unha Proposición non de lei na que insta á Xunta a apoiar expresamente diante das institucións competentes as reivindicacións do sector pesqueiro no referido á reforma das titulacións náutico-pesqueiros coa finalidade de lograr unha maior adaptación á realidade presente. Deste xeito o  Grupo Popular solicita que se proceda á revisión da normativa vixente sobre asignación de tripulacións mínimas, á que fai referencia a Orde Ministerial de 1964, de tal xeito que reflicta a actual situación tecnolóxica da flota e se adecúe co actual sistema de formación profesional dos tripulantes.  

Esta petición se produce, segundo Balseiro, porque cada vez resulta máis difícil completar as tripulacións mínimas dos buques para que poidan saír a faenar, xa que o número de titulados náutico-pesqueiros que proceden das escolas e recalan no sector da pesca é claramente insuficiente para facer fronte ás crecentes necesidades do sector. 

Ademais, o PPdeG reclama que se senten as bases para harmonizar as esixencias legais dos cadros mínimos de tripulación a nivel comunitario, de tal xeito que a diversidade na atribución de competencias entre os distintos postos do escalafón, nos diversos países membros da Unión Europea non constitúan unha competencia desleal da que saian prexudicados os barcos españois. 

Segundo Balseiro estas reclamacións tratan de paliar a situación actual de falta de profesionais e adecuar a súa formación á realidade actual e coinciden coas feitas polas  organizacións pesqueiras máis representativas de Galicia, empresarios e traballadores do mundo do mar. 

Na iniciativa, o Grupo Popular pide tamén que se realice un estudo sobre a posibilidade de establecer un marco legal común nas atribucións dos titulados náutico pesqueiros para todos os países de Europa e, ao mesmo tempo, homologable dentro da Organización Marítima Internacional.