Partido Popular de Lugo

O PARLAMENTO INVESTIGARÁ A REGULARIDADE DA DECISIÓN DO ACTUAL GOBERNO MUNICIPAL DE MONDOÑEDO DE PRORROGAR UN CONTRATO ASINADO EN 1999 PARA A REDACCIÓN DO PLAN XERAL

A Mariña, 11 de xuño de 2009.- O Parlamento de Galicia investigará a proposta do Grupo Popular a regularidade da decisión adoptada polo actual Goberno  municipal de Mondoñedo que prorrogou un contrato asinado en 1999 para a redacción do Plan Xeral de Ordenación Municipal (PXOM). O Executivo que preside Orlando González pretenden sufragar con fondos procedentes dunha subvención autonómica un contrato subscrito a favor dunha empresa privada polo Goberno de Loira Rúa. Isto é pretenden prorrogar un contrato asinado fai 10 anos cun custe superior aos 125.000 euros, a través dun procedemento que podería terse iniciado co obxecto de sortear as obrigas que a lei de contratación outorga para garantir a publicidade, concorrencia competitiva e limpeza nos procesos de adxudicación levados adiante polas administracións públicas.

Os deputados Jose Manuel Balseiro Orol e Emma Álvarez Chao interesáronse por esta cuestión a instancia do Grupo Municipal Popular que observaba con preocupación a manobra desenvolvida polos actuais xestores do Concello de Mondoñedo. De feito, calquera tipo de irregularidade faría inviable a axuda autonómica e, o que aínda é moito máis grave,  provocaría innumerables prexuízos aos veciños deste concello que verían retrasada a redacción definitiva do PXOM. En definitiva, demoraría a entrada en vigor do  que garante e favorece o desenvolvemento equilibrado e sostible do urbanismo de Mondoñedo.