Partido Popular de Lugo

O GPPP INSISTE EN QUE GÓMEZ BESTEIRO ERA COÑECEDOR DA SITUACIÓN DA RESIDENCIA MIÑO

Lugo, a 11 de xuño de 2009.- O Grupo provincial do Partido Popular insistiu hoxe en responsabilizar directamente ó Presidente da Deputación de Lugo do deterioro no que se atopa a residencia Miño pola súa pasividade e deixadez á hora de tomar medidas para zanxar os problemas detectados no seu día pola entrada no inmoble de persoas alleas á administración provincial.  

Salienta José María González Barcia, voceiro adxunto dos populares na Deputación, que Gómez Besteiro en todo momento foi coñecedor do que estaba a pasar no edificio e proba delo é que a propia administración provincial cursou denuncias neste senso na comisaría de policía de Lugo.

Pese a elo, en ningún momento se adoptou algunha actuación encamiñada a evitar consecuencias maiores e da relevancia constatada xa neste intre. Así, as vallas que agora se están a colocar nas fiestras, por exemplo, xa deberían terse posto a raíz da primeira denuncia formulada pola propia Deputación en agosto de 2008, ó igual que debería terse restablecido o servicio de vixiancia que fora suprimido.

González Barcia entende que o comportamento irresponsable de Besteiro, que permite que o patrimonio provincial se deteriore, traerá consigo un gasto engadido de máis de un millón de euros, uns douscentos millóns das antigas pesetas, para devolver ó seu estado orixinal a Residencia Miño e as instalacións náutico-deportivas que tamén están arrasadas.

González Barcia considera que quen debería “pagar este desaguisado e do seu bolsillo ademais” tería que ser o propio Presidente do organismo provincial, ó que convida a “ter a dignidade de pedir disculpas públicamente pola súa incompetencia, desidia e vagancia manifestas, que tan graves consecuencias están a ter para os intereses xerais da provincia”. 

“Esto é unha mostra máis do despilfarro ó que nos ten acostumados o Sr. Beteiro, quen ata é vago para cuidar o patrimonio provincial, o de todos, en definitiva”, engadiu González Barcia.