Partido Popular de Lugo

O GPPP ACUSA Ó PRESIDENTE DA DEPUTACIÓN DE DESPILFARRAR O PATRIMONIO E OS CARTOS DOS LUCENSES

Lugo, a 10 de xuño de 2009.- O Grupo provincial do Partido Popular responsabiliza directamente do deterioro  e do abandono da Residencia Miño a José Ramón Gómez Besteiro por incumplir as obrigas que lle corresponden como Presidente da Deputación e que inclúen a conservación e mantemento do seu patrimonio. Así, segundo salientan os populares, as aludidas instalacións carecían de calquer elemento que evitara a entrada de estranos ó inmoble e, por riba, a vixiancia que realizaba unha empresa privada foi suprimida xa en 2008. 

Os populares aseguran que Besteiro coñecía perfectamente a situación do inmoble, porque fora advertido dela a través de informes periódicos elaborados por persoal da propia Deputación provincial. A situación tamén era coñecida polos veciños do entorno da Residencia, que vían como de noite entraban gamberros ou indixentes e incluso drogodependentes, como así o acredita a existencia de xeringas no entorno, e que durante o día era empregadas polos cativos para xogar co risco que elo supón. 

Polo tanto, a situación actual non é cuestión de un día ou de unha semana, nin tan siquera de un mes. A esta situación chégase co paso do tempo e polo tanto coa reiterada irresponsabilidade e incompetencia de quen, tendo a obriga de cuidar polo patrimonio de todos os cidadáns da provincia de Lugo, incumple a Lei de Administración Local e Galicia e a Lei de Bases de Réxime Local.

Ó entender do GPPP, Gómez Besteiro non debería continuar como Presidente da Deputación porque os feitos evidenciados polos medios informativos constatan un evidente despilfarro dos bens e medios públicos.

O Sr. Gómez Besteiro gastou máis de medio millón de euros en arranxar e equipar locais no Pazo Provincial, pero desatendeu a residencia Miño cuxa recuperación vai supoñer, como mínimo, 400.000 euros, que terán que pagar, salientan os populares, todos os cidadáns da provincia, aínda que quen debía facelo tería que ser únicamente o propio Presidente da Deputación.

Esta perda e merma no patrimonio provincial non é testimonial nin puntual, suliñan dende o GPPP. Esta irresponsabilidade da que fai gala Besteiro tamén se manifesta no estado no que se atopan algunhas instalacións náutico-deportivas de propiedade provincial nas que nin portas existen e das que foi sustraido ou destrozado prácticamente todo o seu equipamento.

O GPPP adiantou que pedirá explicacións e responsabilidades ó Presidente da Deputación, ó entender que é único responsable desta situación, que están a causar un importante e evidente detrimento patrimonial ó conxunto de cidadáns da provincia.