Partido Popular de Lugo

O GPPP CONSIDERA AS CRÍTICAS DO EQUIPO DE GOBERNO Á XUNTA UNHA CORTINA DE FUME PARA DISIMULAR A PARÁLISE PERMANENTE NA QUE SE ATOPA A DEPUTACIÓN

Lugo, a 9 de xuño de 2009.- O Grupo provincial do Partido Popular lametou que os voceiros do  equipo de goberno da Deputación, Antonio Gato e Antón Bao, non lle esixan ós seus compañeiros a mesma premura na resolución dos asuntos que están pendentes na administración provincial ou que non o fixera ante os anteriores responsables da Xunta de Galicia como agora prentende facer co Goberno de Núñez Feijoo.

Na opinión dos populares, as críticas do equipo de goberno provincial só pretenden camuflar a súa propia inoperancia e a súa falta de adicación na resolución dos asuntos pendentes. Acusar ó Goberno de Núñez Feijoo de paralise resulta cando menos chocante si se compara co ritmo de traballo esgrimido pola Deputación de Lugo. Pese a todo, os populares non dubidan de que a Xunta de Galicia atenderá con responsabilidade e dilixencia os compromisos adquiridos con Lugo e atenderá debidamente as necesidades da provincia. 

Parece, segundo sinalan dende o GPPP, que a falla de resolucións de certa transcendencia nas reunións semanais da xunta de goberno obriga ós integrantes do goberno que preside Gómez Besteiro a falar doutros para así ter algo que dicir e aparentar que se fai cando, en realidade, non se move nin unha folla no pazo provincial.  Empregan, ademais, un argumento demasiado manido a estas alturas: a culpa sempre a teñen os demais, incluso un Goberno cuxo Presidente tomou posesión o pasado 18 de abril. Trátase, en definitiva e coma sempre, de botar balóns fora e de non asumir ningún tipo de responsabilidades.

Para os populares, que os voceiros do equipo de goberno provincial falen de parálise no Goberno da Xunta e poñan coma exemplo asuntos que foron paralizados polo propia Deputación pon de manifesto o cinismo e a hipocresía do seu proceder e, por extensión, do goberno ó que representa. 

RITMO LENTO DE TRABALLO.-Salientan dende o GPPP que, de entrada, a Deputación tivo case dous anos para resolver estas cuestións pero que daquela non parecía ter tanta prisa por facelo. Así, lembran que tanto o que se refire á trasferencia dos hospitais San José e San Rafael como á posta en marcha dos parques de bombeiros provinciais foron dúas das cuestións que José Ramón Gómez Besteiro estableceu como prioritarias durante a súa toma de posesión como Presidente da administración provincial, pero que aínda seguen pendentes.

No primeiro caso, sen embargo, o proceso, xa posto en marcha por Francisco Cacharro en 2006, foi inicialmente paralizado e despois, a raíz da teórica creación en outubro de 2007 da comisión mixta encargada do seu seguimiento, ralentizado en exceso. A día de hoxe, de feito, aínda non se coñecen os detalles do traspaso cuxa negociación se abriu co anterior Goberno da Xunta e eso pese á insistencia do PP de que era urxente fixar o calendario a seguir.

Os parques de bombeiros comarcais correron a mesma sorte, fixeronse anuncios, establecéronse datas de apertura que despois se incumpliron e adquiriuse material que nin sequera está onde tiña que estar porque, a excepción do parque de Barreiros, aínda non hai dependencias que o poida albergar. Nada se sabe tampouco sobre a sorte que vai correr o parque de bombeiros de Monforte nin como se lle dará cobertura á zona da Montaña, por exemplo.

Para o GPPP, dende a firma do protocolo que ía rexir o consorcio encargado de xestionar estes parques o día 9 de xaneiro de 2008 transcurriu tempo suficiente, se realmente houbera vontade política de sacar adiante esta iniciativa, de poñelo andar. Para os populares, ésta é unha mostra máis do ritmo lento que impera na administración provincial tras a chegada do bigoberno.