Santiago de Compostela, 8 de junio de 2009. – O presidente do PPdeG, Alberto Núñez Feijóo, fixo balance en rolda de prensa sobre os resultados dos comicios europeos e concluíu que representan o “aval dos cidadáns cara a política da verdade, a austeridade e a liberdade do PPdeG”. Feijóo manifestou que os galegos premiaron a forma de facer política dos populares e amosouse moi satisfeito pola demostración de confianza por parte dos galegos, demostrada onte cos resultados. Asegurou que o PPdeG asume a responsabilidade que supoñía que tantos galegos confíen nel e que seguirá cumprindo cos cidadáns.
Feijóo afirmou que os resultados conseguidos onte nos comicios “son os mellores obtidos nunhas eleccións europeas en Galicia, tan só por debaixo das eleccións europeas de 1994”. En termos xerais, asegurou que son os mellores obtidos nunhas eleccións desde fai oito anos: “O porcentaxe acadado onte, superior ao 50%, é o mellor rexistrado nunhas eleccións polo PPdeG desde fai oito anos”. Polo tanto, “cúmprese o noso dobre obxectivo: repetir o éxito das autonómicas e consolidar e ampliar o resultado daqueles comicios”.
O presidente lembrou que coa victoria de onte, o PPdeG gañoulle á oposición bipartita. “O PPdeG obtivo 76.600 votos máis que o PSOE e o BNG xuntos”, o que veñen sendo sete puntos máis por riba da oposición. Tamén recordou que os populares gañaron en todas as provincias, cunha porcentaxe mínima do 49% e unha máxima do 55%. Os populares gañaron nas sete cidades e, segundo Feijóo, “estamos en disposición, extrapolando os resultados, de asegurar que nunhas municipais conseguiríamos tres maiorías absolutas en Lugo, Ourense e Santiago” e valorou que no resto das cidades se quedarían ás portas da maioría absoluta por uns cuantos votos.
Tamén recordou que en clave nacional, os populares gañaron tamén as eleccións europeas e os socialistas viñan de perder dúas consecutivas: as galegas e as europeas. Recordou que Galicia pasaría a ser a segunda Comunidade Autónoma, despois de Murcia, onde o PP ten maior distancia co PSOE (16,44% de diferencia).
Feijóo agradeceu a confianza depositada no PPdeG e tendeulle a man á oposición xa que, lembrou, “o compromiso do PPdeG e gobernar para todos”. Asimesmo, concluíu que o PP ten a confianza da maioría porque goberna para a maioría.