Lugo, a 1 de xuño de 2009.- O Presidente do Partido Popular de Lugo, José Manuel Barreiro, lamentou que o Ministro de Fomento, José Blanco, eluda a súa responsabilidade directa na “gran mentira que contaron os socialistas sobre os prazos de chegada da Alta Velocidade a Lugo”.
Para Barreiro, o ministro socialista amosa “moi pouco respeto polos lucenses” cando agora di non estar disposto a entrar en polémica co ex Presidente da Xunta Emilio Pérez Touriño, quen recoñeceu abertamente que tamén el fora enganado polo Presidente do Goberno Rodríguez Zapatero.
“Non se pode vir a Lugo, recoñecer a mentira, e quedarse tan fresco”, dixo o Presidente dos populares lucenses, aínda que, segundo engadiu, “que recoñeza o engano é un xesto que o honra”. “Pero o colmo da desvergonza”, suliñou, “é voltar a sacar o tema da nova ponte sobre o Miño que leva prometendo máis de cinco anos pero da que non está posta aínda nin a primeira pedra”, dixo.
Na súa opinión, o “descaro” de José Blanco é “inadmisible” e máis o é aínda pretender que as súas reiteradas mentiras pasen desapercibidas e que non lle pasen factura.
“Os lucenses están cansos das promesas incumplidas, dos continuos retrasos na execución de infraestructuras trascendentais para o desenvolvemento da provincia e, sobre todo, de que os responsables destas desfeitas se paseen por Lugo con toda naturalidade e tranquilidade sen asumir ningún tipo de responsabilidade, como si os que mentiron descaradamente hai uns poucos meses non foran eles”, suliñou Barreiro.