Partido Popular de Lugo

BARREIRO REPALDOU A POSTA EN MARCHA DUN FORO DE DEBATE EN INTERNET PARA OS MOZOS DE LUGO

Lugo, a 27 de maio de 2009.- O Presidente provincial do Partido Popular José Manuel Barreiro acompañou hoxe ós integrantes de Novas Xeracións, Carlos Díaz e Cristina López, na presentación dunha nova páxina web, plantexada coa vocación de convertirse nun foro de opinión entre os mozos de Lugo, independentemente de cal sexa a súa ideoloxía política.

En http://www.lugojoven.blogspot.com/ terán cabida os máis diversos contidos, dende reseñas e críticas de libros pasando por citas lúdicas da máis diversa índole, información variada na que se inclúen as actividades que organice Novas Xeracións ou outros colectivos, asociacións e institucións que sexan susceptibles de ter interese para os mozos.  

Os promotores da web, segundo indicaron, pretenden sobre todo crear un punto de encontro entre os máis novos de Lugo para que amosen o seu punto de vista e a súa valoración sobre o que acontece na cidade e sobre todo para que expresen e divulguen entre os usuarios da mesma as súas inquedanzas ou propostas.

«Os mozos non somos alleos ó que pasa ó noso redor e temos opinión propia sobre todo o que acontece. Solidarizámonos cos traballadores de Pascual, vivimos con intensidade o día das nosas letras e consideramos que nos xogamos moito nas próximas eleccións europeas… De eso falamos na páxina web e sobre esos temas ou calquer outros convidamos ós demais para, entre todos, facer un foro de opinión aberto e dinámico”, indicaron.

Segundo explicaron e proclaman na web Carlos Díaz e Cristina López, “están moi preocupados polo futuro de Lugo e moi comprometidos co seu desenvolvemento” polo que, segundo salientaron, “estamos a traballar, na medida das nosas posibilidades, coa esperanza de contribuir a que a nosa cidade sexa cada día un pouco mellor”.

José Manuel Barreiro pola súa banda loubou a iniciativa e convidou a todos os mozos “e ós que non o sexan tanto, que teñan inquedanzas, gañas de cambiar as cousas e de aportar ideas, a que entren neste foro de Internet e participen”.

Salientou igualmente as ventaxas que aportan as novas tecnoloxías para incentivar e facilitar a comunicación entre as persoas, unha ferramenta que non ten segredos para os máis novos e que, segunto suliñou, é tamén unha boa maneira de expresarse e de implicarse na construcción dunha cidade mellor; así como de madurar, dentro dun debate cortés e aberto, na concienciación dos dereitos e deberes que ten cada cidadán.