Partido Popular de Lugo

O PARTIDO POPULAR DENUNCIA O RETRASO NA CONSTRUCCIÓN DAS PISCINAS DE BEGONTE

Begonte, a 20 de maio de 2009.- O Partido Popular vén de denunciar públicamente nunha roda de prensa conxunta do seu Grupo municipal e provincial que as piscinas e a área recreativa de Begonte non teñen visos de construirse dada a parálise administrativa do concello begontino e da propia Deputación.

O portavoz popular en Begonte, José Ulla Rocha, indicou que o convenio de construcción das piscinas e da área recreativa foi asinado o 11 de maio de 2007 polo anterior alcalde de Begonte e o anterior presidente da Deputación. Ulla Rocha asegurou que segundo ese acordo, que contemplaba un investimento de 321.434’63€ repartido en dúas anualidades (120.000 euros no 2007 e 201.434’63 no 2008), a estas alturas as obras deberían estar rematadas. 

José Ulla lembrou tamén que en maio de 2007 o anterior alcalde de Begonte puxo a disposición da administración provincial os terreos precisos para a execución do proxecto. Por todo elo, para os populares begontinos, todo o que se leva dicindo dende aquela por parte dos actuais gobernos municipal e provincial non se sostén en ningún documento. Por non saber, asegurou Ulla, non se coñece se o proxecto segue a ser o mismo ou se modificou polo que, segundo indicou, sería bo que se aclarase este asunto. 

Pola súa banda, o voceiro adxunto dos populares na Deputación asegurou que logo de consultar o expediente despréndese que a Deputación non moveu nin un só papel durante dous anos. Tanto é así, que nos orzamentos do presente exercicio figura unha partida de 120.000’00€, a primeira anualidade do convenio, pero non se iniciou ningún otro trámite. 

Segundo González Barcia, o anuncio de cambio de ubicación non se sustenta documentalmente, porque nada hai en canto á adquisición de terreos; e do pretendido pago dos mesmos por parte da Deputación, tampouco, dado que non hai constancia da existencia de ningún  expediente ó respecto.

Tanto Ulla Rocha coma González Barcia consideran que os perxudicacos polo retraso na dotación destes servicios son os veciños de Begonte, que están privados do uso e disfrute dunhas instalación que deberían, cando menos, estarse rematando. 

Os dous portavoces sospeitan que pretenda demorarse a execución do proxecto ata as vindeiras eleccións municipais do 2011, o que non dubidaron en calificar coma un engano ós cidadáns e unha mala práctica por parte de socialistas e nacionalistas, xa que eso suporía que usan as institucións pensando exclusivamente no beneficio partidista e non no interese xeral dos veciños.

Barcia salientou que os retrasos na execución de obras por parte da Deputación son corrientes. Unha afirmación que non fai en exclusiva o Partido Popular, xa que os propios empresarios referíronse recientemente a elo, cuantificando incluso nun 56 por cento o descenso na adxudicación de obra por parte da administración provincial.