Partido Popular de Lugo

EMILIO LOUSAS ASUMIU HOXE A DIRECCIÓN DO PARTIDO POPULAR EN ALFOZ

Alfoz, a 14 de maio de 2009.- Emilio Lousas Muiña asumiu hoxe a dirección da agrupación local do Partido Popular de Alfoz durante a xuntanza celebrada esta tarde con este fin e á que asistiu o Secretario xeral do Parido Popular de Lugo José Manuel Balseiro. O Presidente provincial, José Manuel Barreiro, que tiña tamén previsto participar no encontro, disculpou a súa asistencia dado que acudía en Lugo a outro acto na Facultade de Veterinaria na que o Conselleiro de Medio Rural, Samuel Juárez, tomaba posesión como membro da Academia de Ciencias Veterinarias de Galicia.

O novo presidente, que compatibilizará esta laboura coa de alcalde, indicou que o principal obxectivo da executiva será “potenciar a implantación do Partido Popular no municipio”. Con este obxectivo, unha das primeiras actuacións que levarán a cabo será a posta en marcha dunha campaña de afiliación para “ampliar a nosa base social”.

Acompañan a Emilio Lousas na directiva varios membros do equipo de goberno municipal  así como outras persoas “moi implicadas co proxecto do PP en Alfoz”, segundo as súas propias verbas. 

Trátase, en concreto, de Antonio Ramos García, Pilar Rivas Fraga, Juan José Fraga Paz, Constantino Paleo Rejes, Antonio Gómez Rigueira, Antonio Cao Fernández, Casiano Teijeiro Cao, Marco Vázquez López, Candido Yánez González e Jesús Paz Pumares.

José Manuel Balseiro, pola súa banda, animou á nova executiva a “traballar duro” polo partido e “sobre todo” polo municipio de Alfoz porque, segundo indicou, “o PP sempre fixo gala da defensa dos intereses dos veciños e nestes momentos difíciles para todos por mor da crise económica é máis necesario que nunca buscar solucións e promover, dende todos os ámbitos, a revitalización da actividade económica”.

O Secretario xeral dos populares lucense fixo mención tamén á proximidade das eleccións europeas e, nese senso, “animou á agrupación local de Alfoz  a movilizarse para que o PP tamén o vindeiro día 7 de xuño, como aconteceu en marzo, sexa a forza maioritaria”.