Partido Popular de Lugo

O GPPP CRITICA QUE A DEPUTACIÓN, A 31 DE DECEMBRO DE 2008, TIVERA SIN INVESTIR 6.500 MILLÓNS DE PESETAS DO SEU ORZAMENTO

Lugo, a 13 de maio de 2009.- O Grupo provincial do Partido Popular manifestou hoxe que a Deputación Provincial de Lugo tiña, a 31 de decembro de 2008, pendente de investir un total de 39 millóns de euros, ou sexa, 6.500 millóns das antigas pesetas, correspondentes o presuposto exclusivo da Deputación para o pasado exercicio. 

O voceiro dos populares, José Manuel Barreiro, indicou, tras suliñar  que eses cartos só se refiren o capítulo 6, o investimento real, que  deste xeito non se axuda ó desenvolvemento da provincia, e menos en épocas de crise como o que estamos a vivir.

Barreiro dixo que os créditos definitivos para este capítulo, sempre a data do 31 decembro pasado, ascenden a máis de 75 millóns de euros, exactamente 75.482.629’90€, dos cales quedaron comprometidos 36.795.873’89€, o 48’75 por cento. Polo tanto, quedan sen comprometer un total de 38.686.756’01€,  correspondentes ó orzamento  exclusivo da Deputación. 

Pola contra, outros apartados do presuposto, fundamentalmente os que se adican á concesión de subvencións, o gasto comprometido alcanza porcentaxes máis abultados. Así, no capítulo IV, o correspondente a transferencias correntes, o grao de execución, tamén a data 31 de decembro 2008, é do 90,96 por cento, é dicir, 20.033.961,65 euros; e no VII, o de transferencias de capital, é do 82,66 por cento, o que supón 17.318.078,97 euros. 

En resumo, comparando, tanto en termos reais coma porcentuais, as partidas directamente adicadas a desenvolver a política clientelar e caciquil de reparto de axudas que practica a Deputación e a de investimento real, as primeiras dobran sempre á segunda.   

SITUACIÓN PREOCUPANTE.- Pero para o voceiro dos populares hai aínda un dato máis preocupante: os gastos que realmente recoñece a Deputación en investimentos reais, que ascenden a 24.867.133’42€, só representan o 33 por cento do total adicado a investimentos.

As conclusións, segundo José Manuel Barreiro, que se poden sacar desta situación son dúas: 

Primeira: o pouco traballo do bigoberno provincial impide que se axilicen os investimentos reais. Explica neste senso o voceiro do grupo popular que aínda que os ornamentos de 2008 aprobáronse ben entrado o ano, queda patente que non había moitos proxectos preparados, porque de ser así estarían comprometidos bastantes máis cartos dos que había a finais do pasado ano.  

Segunda: con este xeito de actuar, “con esta falla de adicación reiterada”, segundo suliñou, non se axuda ó tecido productivo provincial a sair da crise.  

Os populares instan “unha vez máis” ó Presidente da Deputación a que reduza “un pouquiño” a súa actividade propagandística e que traballe un pouco máis, principiando por poñer en movemento eses cartos para que contribúan a dinamizar a economía provincial.

“Se houbo tempo para facer as obras de remodelación do Pazo Provincial con só dúas empresas, tamén tén que haber tempo para executar o orzamento e que éste repercuta no tecido productivo provincial e en executar infraestructuras que vertebren a provincia”, engadiu Barreiro.