Partido Popular de Lugo

O GPPP CONSIDERA “PATÉTICO” QUE A DEPUTACIÓN NON SAIBA QUE FACER CO PARQUE DE BOMBEIROS DE MONFORTE

Lugo, a 9 de maio de 2009.- O GPPP manifestou hoxe que ve “patético” que a Deputación ainda non saiba que facer co parque de bombeiros de Monforte, logo de contemplar como o alcalde pide axuda, e como o voceiro socialista en Monforte  recrimina ó alcalde a súa postura.

O voceiro adxunto dos populares na Deputación, José María González Barcia, e o Presidente do PP de Monforte e voceiro do Grupo municipal popular, Dámaso López, consideran que os perxudicados con toda esta pataleta, que califican como “de patio de gardería”, son os veciños de Monforte, que asisten atónitos a unha escena surrealista, na que “o poli de gardería”, ou sexa, Gómez Besteiro, non cumple coas súas obrigas como presidente da Deputacion.

Barcia e López lembraron que hai pouco houbo que dar de baixa un camión do servicio de bombeiros de Monforte, pero a Deputación non puxo nin un só euro para remediar a situación. Polo tanto, o que teñen que facer é deixarse de larear nos medios de comunicación e arranxar a situación, porque son eles quenes gobernan, dun xeito ou de outro, tanto en Monforte coma na Deputación.

Os populares consideran que este espectáculo pon en evidencia que nin os socialistas nin os nacionalistas teñen interese en solucionar o problema, e usan un servicio público básico como arma política e boomerang. Neste senso confían en que o boomerang se estrele contra eles mesmos, só para ver se son capaces de despertar e poñerse a traballar polos intereses dos cidadáns.