Vilalba, a 8 de abril de 2009.- O Presidente provincial do Partido Popular José Manuel Barreiro, xunto co Secretario xeral da formación, José Manuel Balseiro, mantivo hoxe unha xuntanza cos representantes populares da circunscripción de Vilalba, conformada polos municipios de de Begonte, Cospeito, Guitiriz, Muras, Vilalba e Xermade.
O encontro, que se celebrou na sede dos populares de Vilalba, enmárcase dentro dun calendario de traballo establecido pola dirección provincial para pulsar a situación na que se atopa o partido en toda a provincia, dende o punto de vista organizativo, de cara á vindeira apertura da campaña electoral ós comicios europeos. Así, o pasado día 23 de abril abriuse en A Fonsagrada esta ronda de reunións, que se continuou en Chantada o día 30 do pasado mes.
Con estas reunións por circunscripcións a dirección provincial do Partido Popular pon en marcha a súa intendencia electoral, insistindo na mensaxe de que tamén estas eleccións son importantes.
Faise referencia neste senso a que en Bruselas, ademais dun importante reparto de fondos estructurais, adóptanse acordos de gran relevancia e trascendencia para sectores productivos básicos na economía lucense como pode ser, por exemplo, o primario.
Dada a situación na que se atopan as explotacións gandeiras, especialmente as leiteiras, ou incluso os pescadores, en opinión dos populares é fundamental que haxa en Europa unha boa representación española, implicada e coñecedora da situación pola que se está a pasar e que, polo tanto, defenda con contundencia e decisión os intereses do país.
Neste senso, o Presidente provincial, quen precisamente hoxe participou en Chantada, acompañado por varios alcaldes da zona, na movilización convocada polos gandeiros, lembrou que a situación pola que está a pasar este sector é en gran parte consecuencia da mala xestión realizada polo Goberno central á hora de defender en Bruselas os intereses do noso país.
Barreiro, dada as graves consecuencias que para toda a comarca da Terra Chá e en especial para o concello de Outeiro Rei co que está a pasar coa planta de Pascual, ademais de expresar a súa solidariedade cos traballadores afectados, insistiu en que o Partido Popular “defenderá con contundencia os intereses dos gandeiros” e amosouse “seguro” de que a Xunta de Galicia estará a altura das circunstacias.