Lugo, a 25 de abril de 2009.- O GPPP denunciou que a Deputación está a marxinar ós concellos que están afectados pola sentencia do canon hidroeléctrico, porque nin executa a indicada sentencia, nin inclúe ós de menos de cinco mil habitantes nas liñas de axudas a municipios para obras de pequenas infraestructuras.
Por tal motivo, segundo explicaron dente o GPPP, ningún representante popular se personou para asistir á mesa de valoración das solicitudes presentadas que se tiña previsto celebrar onte, venres, ás 12:30 horas.
A exclusión deses concellos, 16 en total e que supón un 23 por cento dos concellos da provincia, conleva unha marxinación dos seus cidadáns, porque o cumplimento da sentencia non tén nada que ver coa concesión de subvencións para estas obras.
Os populares salientan que o custo para a Deputación que suporía a inclusión deses concellos non superaría, en todo caso, os 300.000 euros, cantidade inferior ó que se gastou a propia Deputación en adaptar locais na sede provincial solo no primeiro trimestre do presente ano.
Lembran os populares que esta marxinación acontece por segundo ano consecutivo e previsiblemente se repitará nos dous vindeiros ejercicios.
Por outra banda, o GPPP tachan esta mesa de valoración coma unha especie de paripé pseudodemocrático porque nela non se dedice nada nin se valora nada. A razón é sinxela: os concellos saben perfectamente o que piden e preocúpanse de cumplimentar en tempo e forma a documentación; e, por riba, a derradeira capacidade de decisión está no propio Presidente da Deputación e na Xunta de Goberno. Algo que, recoñecen os populares, é lexítimo, pero, segundo recalcan, o PP non participará nun proceso no se exclúen a concellos e cidadáns desta provincia sen ningún tipo de xustificación.
O GPPP asegurou tamén ter constancia de que os concellos aínda non recibiron ningunha comunicación oficial dende a Deputación sobre a distribución dos cartos que lle corresponde pola execución da sentencia do canon. Tamén lembrou que boa parte dos alcaldes solicitaron unha entrevista conxunta que non se celebrou, e que os orzamentos da Deputación para 2008, no que toca ó cumplimento da sentencia do canon, están sen executar, algo que foi solicitado polo GPPP no pleno da administración provincial do mes de novembro pasado.
Os populares lembran que xa en varios debates plenarios pediron que se incluise ós concellos afectados pola sentencia do canon dentro destas liñas de axudas para pequenas infraestructuras, ó que sempre, segundo salientaron, se opuxo o bigoberno provincial.