Lugo, a 23 de abril de 2009.- O Presidente provincial do Partido Popular, José Manuel Barreiro, mantivo hoxe unha reunión cos deputados lucenses que integran o Grupo Parlamentario Popular para coordinar e perfilar as liñas de traballo básicas que desenvolverán na recién iniciada lexislatura.
No encontro participaron os deputados electos tras os comicios do pasado 1 de marzo, a excepción de Susana López Abella, que tiña que asistir a outra reunión en Santiago motivada polo seu nomeamento como Secretaría Xeral de Servicios Sociais da Consellería de Traballo e Benestar.
Os deputados populares retoman así as xuntanzas periódicas que viñan celebrando na pasada lexislatura e que en ocasións tamén se facían coincidir coas que manteñer os representantes lucenses no Congreso e no Senado, e que terán tamén continuidade, co fin de coordinar actuacións nas diferentes cámaras de representantes.
Un dos asuntos abordados hoxe foi a continuidade das sete Oficinas do Deputado distribuidas pola provincia (Lugo, Monforte, Sarria, Ribadeo, Chantada, Viveiro e Vilalba) para facilitar o contacto directo dos representantes populares cos seus votantes, e cos cidadáns en xeral que queiran interesarse polo traballo que realizan en Santiago e en Madrid e, sobre todo, para recoller as súas inquedanzas, demandas ou suxerencias.
Un obxectivo inicial que, segundo conviron, deu moi bos resultados e que agora, dado que o Partido Popular ostenta o Goberno da Xunta, debe reforzarse aínda máis se cabe para dar unha resposta o máis rápida posible ás reclamacións platexadas polos veciños.
A actuación enmárcase na política de proximidade que defende, practica e impulsa a dirección provincial do Partido Popular de Lugo. Unha filosofía aperturista na que se alenta o debate e sobre todo a participación de todas aquelas persoas, estén integradas na formación ou non, interesadas en contribuir a facer un proxecto político no que teñan cabida todas as sensibilidades.