Partido Popular de Lugo

BARREIRO PARTICIPARÁ NA INTERPARLAMENTARIA QUE CELEBRARÁ O PARTIDO POPULAR EN SEVILLA

Lugo, a 15 de marzo de 2009.- O senador José Manuel Barreiro participará na 14ª reunión interparlamentaria popular que se desenvolverá mañá e o venres en Sevilla baixo o epígrafe xenérico  “Solucións para a crise”.

En concreto, Barreiro intervirá mañá pola tarde, en calidade de voceiro de Economía e Facenda do GPP en el Senado, na primeira das tres mesas nas que se estructura o encontro e que se titula “Solucións do PP á crise económica”. Cristóbal Montoro, coordinador de Política Económica e Portavoz de Economía GPP no  Congreso, será o presidente desta mesa, que estará coordinada por Antolín Sanz, Secretario Xeral do GPP no Senado. 

No seu relatorio o senador lucense estará acompañado  por Fátima Báñez, portavoz Adxunta do  GPP no Congreso; Inmaculada García, Conselleira de Economía e Facenda da Rexión de Murcia; Álvaro Nadal, Secretario de Economía e Empleo; Alicia Sánchez Camacho, Presidenta PP Cataluña; e Ricardo Costa, Portavoz GPP das Cortes Valencianas.

“A UE e o futuro da política agraria comunitaria” e “Educación e competitividade” son os títulos das outras dúas mesas de traballo. 

A interparlamentaria clausurarase o venres a media mañá tras a reunión do comité de portavoces que estará presidida polo Presidente do Partido Popular Mariano Rajoy.