Partido Popular de Lugo

O GRUPO POPULAR DESIGNA AO PRESIDENTES DAS COMISIÓNS DO PARLAMENTO E DECÁNTASE POR PERSOAS CON ACREDITADA EXPERIENCIA PARLAMENTARIA

Santiago, 13 de abril de 2009.- O portavoz do Grupo Parlamentario Popular, Manuel Ruiz Rivas, rexistrou esta mañá na Cámara autonómica o documento no que fixa os representantes do PPdeG en cada unha das comisións que funcionan no Parlamento de Galicia. 

A tal efecto, o PPdeG elixiou para a Presidencia das Comisións a deputados con acreditada experiencia parlamentaria, tanto na Cámara galega, como no Congreso dos Deputados (caso de Raquel Arias) ou no Parlamento Europeo (Daniel Varela). Pola súa banda, a Vicepresidencia das Comisións recae sobre deputados que nesta lexislatura se incorporan por vez primeira á Mesa das Comisións do Parlamento de Galicia nunha estratexia predefinida e encamiñada a crear canteira nas filas do Grupo Popular, segundo explica Ruiz Rivas. 

Así a Presidencia da Comisión  1ª, Institucional, Administración Xeral, Xustiza e Interior recae no deputado Agustín Baamonde Díaz, mentres que a Presidencia da Comisión 2ª, de Ordenación Territorial, Obras Públicas, Medio Ambiente e Servizos será desempeñada por Daniel Varela Suanzes-Carpegna.

No que respecta á Presidencia da Comisión  3ª, de Economía, Facenda e Orzamentos, o PPdeG optou por manter a tradición e reservar este cargo para a oposición parlamentaria, que deberá designar á persoa elixida. Á oposición corresponderalle tamén a Secretaría das distintas comisións, agás a da 3ª.

A Presidencia da Comisión 4ª, de Educación e Cultura, recae sobre Susana López Abella, mentres que a Presidencia da Comisión 5ª, de Sanidade, Política Social e Emprego será  responsabilidade de Miguel Santalices Vieira.

O deputado Alberto Sueiro Pastoriza será o presidente da Comisión 6ª, de Industria, Enerxía, Comercio e Turismo, ao  tempo que a Raquel Arias Rodríguez corresponderá presidir a Comisión 7ª, de Agricultura, Alimentación, Gandería e Montes.

Durante a VIII Lexislatura, Marta  Rodríguez Arias presidirá a Comisión 8ª, de Pesca e Marisqueo, ao tempo que Ignacio López-Chaves Castro ostentará a Presidencia da Comisión Permanente non lexislativa de control da CRTVG.

A Presidencia da Comisión Permanente non lexislativa  para as relacións co Consello de Contas corresponderá a Pedro Puy Fraga; e Beatriz Mato Otero responsabilizarase da Presidencia da Comisión Permanente non lexislativa para Asuntos Europeos.

Na Deputación Permanente do Parlamento de Galicia, o PPdeG estará representado  por Alberto Núñez Feijóo, Alfonso Rueda Valenzuela, Pilar Rojo Noguera, Jose Manuel Baltar Blanco, Carmen Pardo López, Jose Manuel Balseiro Orol, Susana López Abella, Manuel Ruiz Rivas, Diego Calvo Pouso, Pedro Puy Fraga e Marta Rodríguez Arias.

DEMOCRACIA INTERNA.- Ao igual que sucedeu coas designacións dos membros da Mesa do Parlamento, do portavoz e dos portavoces adxuntos do Grupo Popular, o PPdeG fixo uso da democracia interna para elixir aos seus representantes nas diferentes comisións do Parlamento de Galicia. Antes  de pechar e facer pública  a decisión de  hoxe, o Grupo Popular abriu unha rolda de consultas cos 38 deputados, que tiveron ocasión de expresar as súas preferencias no referido á composición das comisións parlamentarias.