Partido Popular de Lugo

O GPPP CRITICA A FALLA DE COMPROMISO COA PROVINCIA AMOSADA UNHA VEZ MÁIS POLA DEPUTACIÓN

Lugo, a 1 de abril de 2009.- O Grupo provincial do Partido Popular amosou a súa sorpresa polo que non dubidan en calificar como “falla de talante” amosada onte polo bigoberno da Deputación no transcurso do pleno.

O voceiro adxunto José María González Barcia refírese, en concreto, ó “tono agrio” empregado polo Vicepresidente primeiro Antón Bao á hora de argumentar a súa negativa a apoiar unha moción presentada polos populares na que instaban á Deputación a non excluir por cuestións lingüísticas a ningunha asociación que solicite unha subvención da administración provincial.

Os populares reiteran a súa opinión de que a lingua debe ser un elemento de unión e non de enfrontamento e, aínda menos, de imposición. Barcia lamentou hoxe que Antón Bao empregara unha das súas escasas intervencións no pleno para amosar a súa “cara menos amable” e que pon en entredito o seu carácter democrático.

O voceiro adxunto do GPPP tamén criticou a falla de compromiso coa provincia da que “unha vez máis fixo gala” o bigoberno da Deputación. Esta “ausencia de entrega” quedou patente coa negativa do equipo de goberno de especificar os plazos e as cuantías económicas que se van adicar para arranxar os destrozos ocasionados en varios concellos da provincia polo furacán Klaus, segundo salientou Barcia. 

“Resulta chocante que digan na prensa o que van investir e que os concellos aínda non saiban nada con carácter oficial,  a non ser que o Sr. Veiga descoñecese o que ten previsto facer a outra ala de Goberno da Deputación”, engadiu. 

Tamén se referiu o representante do Partido Popular á “estoica” resposta do Presidente Gómez Besteiro na que aseguraba que a Deputación “non tiña previsto” ningunha colaboración cos municipios da provincia no que atinxe á colocación de antenas para facilitar a recepción do sinal da TDT. “O Sr. Gato, voceiro do grupo socialista, dado que parece que ten moito interese en referirse ó Presidente da Deputación de Ourense, José Luis Baltar, debería ter presente que el si ten previsto axudar ós concellos”, engade Barcia.

A “risueña” resposta de Gómez Besteiro á petición formulada polo GPPP de que o goberno provincial incrementara o seu ritmo de traballo tampouco pasou desapercibida para González Barcia.  

Lémbralle o voceiro adxunto do GPPP que aquela “disposición inicial” expresada polo bigoberno de que contaría co Partido Popular para tratar os asuntos importantes “quedouse en nada”. En dous anos, suliña, a xunta de voceiros da Deputación reuniuse só en tres ocasións. “A vocación de consenso expresada en palabras quedase, como acontece con case todo na administración provincial, en absolutamente nada”, concluiu Barcia.