Ribadeo, a 1 de abril de 2009.- O Presidente provincial do Partido Popular, José Manuel Barreiro, participou recentemente en Ribadeo nun acto organizado pola agrupación local de Novas Xeracións e que se enmarcaba dentro da campaña de captación de novos afiliados que está a desenvolver.
No encontro, de feito, entregáronse os canés á decena de xóvenes do municipio que se sumaron ó proxecto de NN.XX en Ribadeo. A agrupación, presidida por Daniel Vega conta neste intre cunha treintena de afiliados.
Entre as iniciativas que ten previsto desenvolver próximamente este colectivo cabe destacar a realización dunha enquisa entre as empresas existentes no concello e do máis diverso ámbito para que valoren o impacto que a actual crise económica está a causar na súa actividade e cales serían as solucións que, ó seu entender, poderían aportarse dende o Goberno, xa sexa central ou autonómico, para tentar paliar esta situación.
O inicio da realización desta sondeo está previsto para o vindeiro 14 deste mes. As conclusións derivadas desta recollida de datos e opinións serán trasladadas despois ós órganos de dirección do Partido Popular, principiando polos de ámbito provincial.