Lugo, a 30 de marzo de 2009.- O Grupo provincial do Partido Popular interesarase mañá no pleno da Deputación polo paradeiro das pedras que conformaban o muro recientemente demolido da fachada principal do Fogar de Santa María.
Os populares tamén demandarán información no punto da orde do día da sesión plenaria de mañá relativa a rogos e preguntas sobre si a administración provincial ten previsto algún tipo de colaboración económica cos concellos da provincia ante a inminencia do apagón analóxico e tendo en conta que este feito pode representar un custo adicional para os municipios.
En caso de que a administración provincial vaia a dar este respaldo económico, o GPPP quere saber as condicións e características destas axudas.