Partido Popular de Lugo

BALTAR E BALSEIRO SERÁN PROPOSTOS POLO GRUPO PARLAMENTARIO POPULAR COMO VICEPRESIDENTE PRIMEIRO E SECRETARIO DO PARLAMENTO

Compostela, 30 de marzo de 2009-. O presidente do Grupo Parlamentario Popular e do PPdeG, Alberto Núñez Feijóo, anunciou hoxe, no programa “Hai debate” da TVG que, o Grupo Parlamentario Popular vai propoñer a Xosé Manuel Baltar, como vicepresidente primeiro da Mesa do Parlamento e a Xosé Manuel Balseiro como secretario da Mesa.

Feijóo comuniciou esta mesma mañá a ambos parlamentarios electos a decisión, unha vez escoitados oralmente e por escrito, as opinións dos deputados electos populares, os presidentes provinciais e o secretario xeral do partido.

Con estas propostas queda pechada a proposta da Mesa do Grupo parlamentario popular que será votada, o vindeiro 1 de abril, na sesión constitutiva da Cámara galega.

BALTAR E BALSEIRO.- Xosé Manuel Baltar Blanco naceu en Ourense, está casado e ten unha filla. É licenciado en Dereito pola Universidade de Santiago de Compostela (1985-1990). É avogado e está colexiado en Ourense desde 1991. Diploma de Directivo da Xunta de Galicia. Master en Dirección de Recursos Humáns. Master en Dereito contencioso-administrativo, Master en Dereito Ambiental, Diplomado en Contabilidade e Análise Económico Financeiro.
Baltar é funcionario do Corpo Superior da Administración Xeral da Comunidade Autónoma de Galicia desde xaneiro de 1993 e exerceu como Xefe do Servicio Técnico-Xurídico da Delegación Provincial en Ourense da Consellería de Agricultura e foi Delegado provincial da devandita consellería entre xaneiro de 1998 e setembro do 2001
Na VII Lexislatura  formou parte da Mesa do Parlamento como Vicesecretario. Foi vocal e secretario da Deputación Permanente, membro das Comisións do Regulamento e de Peticións e vocal da Comisión de Economía, Facenda e Orzamentos e da de Industria, Enerxía, Comercio e Turismo. Membro da Comisión de Estudio da Reforma do Estatuto de Autonomía de Galicia e Ponente da Reforma do Estatuto de Autonomía de Galicia e da Reforma do Regulamento do Parlamento de Galicia.

Pola súa banda, Xosé Manuel Balseiro naceu en Ferreira de Valadouro, está casado e ten dous fillos. Exerce en Cervo dende 1999 o posto de Primeiro Tenente de Alcalde do Concello e responsable da portavocía do PP en Cervo. Forma parte do Comité de Dirección do Partido Popular de Galicia e é Secretario Xeral do PP de Lugo. 

Balseiro é deputado no Parlamento de Galicia dende 2005 na VII Lexislatura foi Voceiro de Pesca do Grupo Popular, membro da Comisión permanente non lexislativa para as relacións co Consello de Contas e da Comisión do Regulamento.