Partido Popular de Lugo

O GPPP DI QUE A ORDE DO DÍA DO VINDEIRO PLENO É UN EXEMPLO CLARO DA INACTIVIDADE NA QUE ESTÁ INSTALADA A DEPUTACIÓN

Lugo, a 27 de marzo de 2009.- O Grupo provincial do Partido Popular calificou de “vergoñento” o “baixo ritmo de traballo do equipo de goberno da Deputación”. 

Os populares consideran “lamentable” que a orde do día do vindeiro pleno ordinario da administración provincial “esté vacío de contido” no que atinxe ás compentencias do equipo de goberno, xa que só se inclúe un punto relativo á proposta de aprobación, se procede, do Regulamento do Servizo de Asesoramento e Asistencia Xurídica, Económico-Financeira e Técnica ós concellos.

Fora deso e “só gracias ás iniciativas presentadas polo Partido Popular”, segundo suliñaron dente o GPPP, “a sesión mensual ordinaria durará algo máis de cinco minutos”.

O GPPP fai un chamamento ó equipo de goberno da Deputación, conformado por socialistas e nacionalistas, para que “cambien de actitude e se poñan a traballar xa” porque consideran que “a imaxe que se está a dar da institución con esta falta de dedicación é moi negativa e os lucenses non merecen ter un goberno provincial tan vago”. 

Os populares engaden que a orde do día do vindeiro pleno “é un exemplo máis da inactividade na que está asentado o equipo que preside Gómez Besteiro” dende que se fixo cargo da Deputación provincial.

Neste senso, José Manuel Barreiro, en nome do GPPP, bridouse, “dado que parece que o goberno provincial xa está agotado ante a evidente incapacidade de presentar iniciativas”, a que sexa o seu grupo o que “intensifique o ritmo de traballo” para o que pediu que se amplíe o cupo de mocións que poden presentar en cada sesión plenaria e “así esto poida redundar en  beneficio da provincia”.

DÚAS MOCIÓNS.-  Os populares levarán ó pleno do vindeiro martes dúas mocións. Unha delas fai referencia ós destrozos ocasionados polo furacán Klaus en numerosas instalacións de diversos concellos de Lugo e na que instan á administración provincial a que, no prazo de un mes, lle comunique ós municipios afectados os prazos previstos para a execución das obras de reparación dos danos existentes nas infraestructuras deportivas e culturais e que no seu día foron comprometidas pola propia Deputación.

Na outra moción o Partido Popular avoga porque a Deputación de Lugo non exclúa por cuestións lingüísticas a ningunha asociación que solicite unha subvención.

Entenden os populares que non é xusto que se estableza coma requisito indispensable para que calquer asociación que pretenda optar a axudas económicas da Deputación de Lugo nas áreas de Benestar Social, Cultura e Deportes, teñan que empregar obligatoriamente o galego non xa á hora de presentar a documentación para optar a esa subvención senón tamén á hora de desenvolver a actividade.