Partido Popular de Lugo

REUNIÓN DO COMITÉ EXECUTIVO PROVINCIAL DO PARTIDO POPULAR

Lugo, a 26 de marzo de 2009.- O Comité executivo provincial do Partido Popular mantivo onte unha reunión, presidida por José Manuel Barreiro, para ultimar o reparto dos compromisarios desta formación que participarán os vindeiros días 9 e 10 de maio en A Coruña no XIV Congreso rexional do Partido Popular de Galicia. 

A provincia de Lugo contará, en total, con 319 representantes nese congreso, dos que 277 serán compromisarios, 30 son membros natos e 12 corresponderán a Novas Xeracións.