Partido Popular de Lugo

BARREIRO: “ZAPATERO E A SÚA MINISTRA DE FOMENTO PASAN DE LUGO”

Lugo, 26 de marzo de 2009.- O senador popular José Manuel Barreiro critica que o Goberno que preside Rodríguez Zapatero continúe coa súa actitude de non invertir os cartos incluidos nos orzamentos do Estado para Lugo o que, segundo recalca, repercute moi negativamente en obras importantes para o desenvolvemento da provincia xa que infraestructuras determinantes para lograr este obxectivo seguirán a acumular retrasos na súa execución. 

Barreiro argumenta a súa afirmación de que “Zapatero e a súa ministra de Fomento pasan de Lugo” na resposta dada polo executivo nacional a unha pregunta formulada na cámara alta na que se interesaba polo grao de execución dos orzamentos previstos para diversas obras dependentes do Ministerio de Fomento.  

Lembrou neste senso que, como sospeitaba e como denunciou a finais do pasado ano cando o Goberno central negouse a dar información sobre o grao de execución presupuestaria en Lugo, esta demora tiña como obxectivo ocultar o escaso índice de realización das obras comprometidas para coa provincia.  

Así, por exemplo, no corredor San Ciprian-Barreiros o Estado non gastou “nin un euro nin en todo o 2007 nin no primeiro semestre do 2008  e eso que”, segundo salientou o senador popular, “estaban presupuestados para el 425.000 euros”.

En ano e medio investíronse na construcción da nova ponte de Lugo 45.071 euros cando terían que terse gastado 4,5 millóns de euros. Só se executou, por tanto, “un pírrico” un por cento.

Na autovía Monforte-Chantada, A-72, gastaronse 27.200 euros, pese a que estaba previsto adicar a esta infraestructura 150.000 euros. “É sangrante”, explicou Barreiro, “que nun ano e medio non se investira nesta obra nin sequera o orzamento previsto para o exercicio 2007 e que ascendía a 50.000 euros”.

En dous tramos da Autovía Lugo-Santiago, A-54, tampouco se invertiu nin un só euro. Un deles é o de Guntín-Monte de Meda, de 18,8 quilómetros, para o que estaban consignados 200.000 euros e o outro é o de Vilamoure-Nadela, de 6,5 quilómetros, para o que estaba previsto 2,1 millóns de euros.

No que atinxe á autovía do Cantábrico, A-8, cabe salientar a falla do cumprimento dos orzamentos de 2007 e do primeiro semestre de 2008 en tres dos tramos desta estrada. 

No tramo Barreiros-Vilamar, de 4,5 quilómetros, o Estado invertiu 2,5 millóns de euros cando tiña presupuestado para el 9,95 millóns de euros; no de Lindín-Careira, de 9,3 Km de lonxitude, tería que terse gastado xa 3,8 millóns de euros, pero realmente invertironse 1,3 millóns. No tramo que discurre entre Baamonde-Abeledo, de 5,3 quilómetros, gastáronse 445.173 euros cando o que se tiña previsto adicar nestes 18 meses de referencia era de 26,5 millóns de euros.  

Para José Manuel Barreiro a inexecución orzamentaria do Goberno central en xeral e do Ministerio de Fomento en particular é “inaceptable e, o que é peor, estase a converter nunha práctica habitual”. Por elo, reiterou a súa intención de seguir promovendo cantas iniciativas sexan precisas “para poñer coto a esta táctica e para lograr que o executivo central trate a nosa provincia co rigor e o respeto que merece”.