Partido Popular de Lugo

O GPPP ALERTA DE QUE A DEPUTACIÓN TEN O GASTO DESCONTROLADO

Lugo, a 20 de marzo de 2009.- O GPPP denunicou hoxe que a Deputación tén o gasto descontrolado, xa que está a usar habitualmente o procedemento da validación para aprobar facturas que non están “nin rexistradas nin aprobadas na contabilidade provincial”, segundo consta nun informe obrante no expediente da Xunta de Goberno da Deputación do pasado día 13.

Nesa Xunta de Goberno, segundo indicaron os populares, houbo dous expedientes de validación de facturas por importe de 40,5 millóns de pesetas, exactamente 242.914’95 euros.

No mesmo informe, segundo salientan, consta que “se omitiron os trámites de consignación orzamentaria previa, segundo a base 17 de execución do orzamento xeral”.

Sulíñase asimesmo que no mesmo informe ponse de manifesto “a disconformidade na tramitación dos gastos… en  canto supoñen gastos realizados sen os trámites de consignación orzamentaria previa, sen fiscalización previa, e omítense outros requisitos e trámites esenciais”.

O GPPP destaca, entre estas facturas, unha da área de Turismo de Vega Buján, por importe de 27.283’20€, abonada ó diario El País por unha inserción publicitaria.

Ademais, hai un total de catro facturas de productos alimenticios do Hospital San Rafael, que suman 8.340’06€, que se adebedaban a unha pequena empresa. O mesmo pasa con outras catro facturas  máis por importe de 38.339’16€ correspondentes a limpeza de varias instalacións propiedade da Deputación por “remate do contrato existente”.

En opinión do GPPP, estas débedas a pequenas e medianas empresas poñenen perigo a súa liquidez, e o feito de que non se renoven os contratos ou non se tramiten os procedementos para unha nova adxudicación dos mesmos acarrea inseguridade ás empresas que prestan estes servicios.

Os populares consideran que esta práctica de validación, usada reiteradamente pola Diputación, aínda que legal, dá unha imaxe de pouco ou ningún control do gasto.