Partido Popular de Lugo

O GPPP confía en que a Xunta e a Deputación sexan elegantes no tratamento de asuntos comúns pendentes

Lugo, 18 de marzo de 2009.- O GPPP manifestou hoxe que confía en que a Xunta de Galicia e a Deputación de Lugo sexan elegantes á hora de tratar asuntos comúns pendentes, e que afectan ó conxunto de toda a provincia, porque non sería entendible pola cidadanía ningún tipo de precipitación que tivera un trasfondo político. 

O GPPP considera que a prudencia debe estar por riba de calquera outro criterio mentres non tome posesión o novo gobernó da Xunta de Galicia. 

Os populares poñen como exemplo a transferencia dos hospitais, e indican que as cousas hai que facelas con moito tino. Se todos estamos de acordo nas transferencias, non é menos certo que a día de hoxe non se sabe nada oficial das condicións das mesmas, e sería unha cuestión de hixiene democrática que se actuase con cautela.