Partido Popular de Lugo

O GPPP considera que Martinez xa non engana a ninguén

Lugo, 17 de marzo de 2009.- O GPPP considera que o deputado provincial de Vias e Obras xá non engana a ninguén, e logo de cáseque dous anos de bigoberno provincial xá non se trata de seguir cargando as culpas sobre os anteriores responsables, senon de axilizar os trámites e solucionar os problemas dos cidadáns.

O portavoz adxunto do GPPP, José María González Barcia, considera que Martinez traballa pouco, contaxiado polo seu presidente e rival para acceder á presidencia da Deputación, sabedor de que ó millor ten as horas contadas. Polo tanto, o que ten que facer, alomenos, é non mentir.

Barcia afirma que o actual bigoberno está ralentizando trámites administrativos para arrancar proxectos vertebradores da provincia, e esto veno facendo desde hai dosu anos. Como mostra, Barcia puxo o exemplo do vial Carrizal-Moncelos, do p.k. 0’0 ó p.k. 4’0, no concello da Pastoriza. A Xunta de Goberno de 16 de Febreiro de 2007 aprobou o expediene de expropiación da indicada obra, que foi exposto ó público mediante anuncio no BOP de 10 de Marzo do mesmo ano. Pois ben, non se resolveron as alegacións hasta a Xunta de Goberno de 9 de Xaneiro do presente ano. Cantas foron as alegacións presentadas? Cinco. Xustifica este número de alegacións o retraso de dous anos? Que resposte o Sr. Martínez.

Barcia finaliza indicando que antes facíanse as obras. Agora, ademais de non facelas, acumúlase retraso trais retraso, unicamente achacable á prepotência e dogmatismo do Sr. Martinez, que non deixa traballar ós funcionários da Deputación.