Lugo, 16 de marzo de 2009.- O GPPP afirmou hoxe a través dunha nota de prensa que a plano de conservación e mantemento da rede viária provincial adxudicado o pasado venres chega cun considerable retraso porque desde a primavera de 2007, co anterior equipo de goberno, non se fixo ningún plano de conservación, co que se perderon practicamente doce meses.
O portavoz adxunto do GPPP, asegurou que deste xeito a Deputación perdeu un ano na conservacion da rede viária provincial, dado que hai un ano tiñase que ter elaborado un plano semellante e non se fixo, o que demostra que non houbo, nin hai, nin previsións nin axilidade para sacar adiante este plan, vital para os cidadáns da nosa provincia que usan habitualmente a rede viária provincial. O GPP considera que só hai que darse unha volta pola rede viária provincial, por exemplo a estrada Fonsagrada-Navia, para ver como están as cousas.
O GPP tamén considera que o plan é claramente insuficiente, xa que Martínez opta pola gravilla e o rego asfáltico e só se contemplan actuacións no doce por cento da rede viária provincial, tal e como mostra o seguinte resume.
Os datos do conxunto da provincia son:
TOTAL QUILÓMETROS.- 4.200 KM .
QUILÓMETROS SOBRE OS QUE SE ACTÚA.- 498’875 KM., O QUE SUPÓN O 12% DO TOTAL.
SOBRE OS QUE SE ACTÚA, EMPRÉGASE TRATAMENTO SIMPLE EN 286’628 KM, (57’5%). SUPÓN QUE NO CONXUNTO DA REDE PROVINCIAL ACTÚASE CON ESTE TIPO DE TRATAMENTO NO 6’85%.
SOBRE OS QUE SE ACTÚA, CON DOBLE TRATAMENTO, 126’596 km., (25’4%). CON RESPECTO O TOTAL DA REDE PROVINCIAL, SUPÓN O 3’01%.
SOBRE O QUE SE ACTÚA, REXENERACIÓN DO FIRME, 72’691 KM, (14’6%). EQUIVALE Ó 1’75% SOBRE O TOTAL REDE VIARIA PROVINCIAL.
SOBRE O QUE SE ACTÚA, SANEO DA PLATAFORMA, 7’500 Km., (1’5%). CON RESPECTO A TODAS AS ESTRADAS DA PROVINCIA SUPOÓN O 0’18%.
SOBRE O QUE SE ACTÚA, CON AGLOMERADO EN QUENTE, REFORZO DO FIRME, 6’460 KM., (1’3%). SUPÓN O 0’16% CON RESPECTO Ó TOTAL DA REDE VIARIA PROVINCIAL.
Polo tanto, o que se lle pide ó presidente da Deputación é que sexa eficaz, e que axilice este plano de conservación, que por outra parte non esgota a partida presupostaria que aparece nos presupostos, polo que debería dar explicacións de onde se van investir os cartos sobrantes.