Lugo, 13 de marzo de 2009.- O GPPP manifestou hoxe que a política turística da Deputación é caótica, non tén un obxectivo coherente e brilla pola falla de colaboración cos entes públicos e privados que tentan impulsar a oferta turística da nosa provincia e a conseguinte creación de riqueza.
O GPPP fixo estas manifestacións a raíz da polémica xurdida pola non entrada da Deputacion no patronato provincial que potencia a Cámara de Comercio.
O portavoz adxundo do GPPP, José María González Barcia, considera que non hai unha política coherente: se as competencias están en mans do Bloque, esa apreciación non é exacta, xa que en realidade están nas mans de Vega Buján, que nestes dous anos o único que fixo foi un power point e unha viaxe a Centroeuropa para ver mercadiños de Nadal, e nada mais. Os concellos están a espera de que papel vai xogar a Diputación, e os entes privados xa están a ver como desde a vicepresidencia terceria se lles ningunea de xeito manifesto.
Barcia lembrou que de xeito paralelo, o un tercio de presidente que é Besteiro organiza o Kilometro 0, para a súa maior gloria, sen contar para nada co departamento de Vega Bujàn.
Barcia considera que a Deputación non se tén implicado a día de hoxe, nestes últimos dous anos, en ningún proxecto de difusión turística, pola falla de criterios, algo que para Barcia é manifestó, xa que queda demostrado, coa polémica vivida, que Besteiro é un tercio de presidente, Bao outro tercio, e Vega Buján outro tercio, xa que tén deixado en evidencia, por non decir outra cousa, a Besteiro e Bao.
Barcia conclúe que este asunto pón en evidencia que a Deputación é un reino de Taifas, sen un proxecto único e coherente que sexa capaz de ilusionar á cidadanía da provincia.