Lugo, a 2 de marzo de 2009.- O Presidente provincial do Partido Popular José Manuel Barreiro fixo hoxe unha valoración moi positiva dos resultados acadados onte polo seu partido na provincia.
“O Partido Popular de Lugo non só mantivo os resultados con respecto ás autonómicas de 2005 no que atinxe ó número de deputados senón que segue a manterse como a forza maioritaria”, aseguron Barreiro polo que, segundo engadiu, “non cabe dúbida de que o PP plantoulle cara ós representantes do bigoberno e logrou unha nota excelente”.
Salientou o líder dos populares lucenses que o PP gañou as eleccións en 57 dos 67 concellos da provincia, o que equivale a dicir no 85 por cento dos municipios lucenses.
Fixo especial fincapé nalgúns concellos, principiando polo de Lugo, onde, na súa opinión, “está clara a tendencia á alza do PP e o claro desplome do Partido Socialista”. Así, segundo indicou, o PP subiu máis de 2,5 puntos con respecto ás autonómicas de 2005, preto dun tres por cento en comparación coas municipais e un 8,62 por cento con respecto ás xerais. Segundo salientou Barreiro, o PP na cidade de Lugo aumentou en 2.218 votos os seus resultados en comparación cás anteriores eleccións autonómicas de 2005.
Pola contra, o PSOE, baixou preto de seis puntos os resultados das autonómicas de 2005, o que equivale a 3.487 votos; unha porcentaxe que ascende ó 10 por cento en relación coas municipais e de case 11,5 puntos se a comparación se realiza coas xerais de 2008.
Neste apartado alabou tamén a mellora dos resultados acadados con respecto ás autonómicas de 2005 en concellos nos que o PP non ostenta o goberno municipal “pola dificultade engadida que esto entraña”. É o caso, por exemplo, de Becerreá, Burela, Cervantes, Guitiriz, Monforte, Monterroso, As Nogais, Ribadeo, Sarria ou Viveiro.
Fixo referencia asimesmo a que, “pese a ter moitas cousas en contra”, o PP foi quen de manter a porcentaxe de votantes acadada nos comicios autonómicos de 2005, un incremento de tres puntos se o referente é as pasadas eleccións xerais, mentres que o PSOE e BNG, “non foron capaces de rentabilizar a súa condición de cogoberno”. Así, o PSOE perdeu algo máis de tres puntos (un 8,5 por cento con respecto as xerais do pasado ano) e o BNG experimentou un incremento de pouco máis de un punto.
Barreiro valorou tamén de xeito “moi satisfactorio” o incremento da participación, que ascendeu nun 4,51 por cento con respecto ó 2005, un 73% na provincia de Lugo.
Tamén engadiu Barreiro que distancia do PP na provincia de Lugo con respecto o PSOE increméntase cos resultados destas eleccións, acadando unha diferencia do 17,12% e un 33,46% con respecto o BNG.