Partido Popular de Lugo

ARIAS: “CHEGOU O MOMENTO DO PARTIDO POPULAR; GRACIAS POR NADA E ADIOS BIPARTITO”

Monforte, a 27 de febreiro de 2009.- A cabeza de lista do Partido Popular pola provincia de Lugo Raquel Arias fixo hoxe balanzo da compaña electoral indicando as principais medidas que “a partir do 1 de marzo porá riba da mesa o goberno presidido por Nuñez Feijoo porque non teño ningunha dúbida de que o Partido Popular ganará por ampla maioría estas eleccións”. “O domingo os galegos en xeral e os lucenses en particular dirémoslle adeus ó bipartito”, engadiu.   

Así, segundo suliñou, o PP comprométese a que a administración autonómica pagará ás empresas que traballen para ela nun prazo máximo de 45 días.

No referente ó empleo, o PP porá en marcha políticas para fomentar a creación de postos de traballo estables e de calidade. Haberá rebaixa de impostos. Por exemplo, unha reducción do 43% do imposto de transmisións patrimonias, do 50 por cento de actos xurídicos e dun 8,2 por cento no tramo autonómico do IRPF para aquelas persoas cun sueldo de ata 22.000 euros (base imponible de 17.700), que afectará a unhas 600.000 familias galegas.

Os grandes dependentes cobrarán as axudas que lles corresponde por lei no 2009, asegurou tamén Arias.

Equiparar as pensións dos nosos maiores ó resto do Estado e incrementar as prestacións que reciban as viuvas, así como a posta  en marcha de centros de día en todos os concellos de máis de 1.500 habitantes e, polo menos, unha residencia de maiores por comarca son outros dos compromisos dos populares.

Ademais da derogación inmediata das Normas do Hábitat e do plan sectorial de vivenda, o PP plantexa un paquete de medidas para reactivar o sector inmobiliario na que destacan, entre outras, os incentivos que recibirán os mozos con fin último de facilitar o seu acceso a unha vivenda; porase en marcha unha política de discriminación positiva en favor dos territorios rurais, que compense as desvantaxes da dispersión da población.

No que atinxe á sanidade, o PP comprométese a que, por lei, un paciente non agardará máis de 60 días para unha operación cirurxíca e 45 para que o vexa un especialista.

O PP tamén aposta, dixo Arias, pola auteridade, e unha das principias medidas neste senso será a reducción do número de consellerías e altos cargos.

O PP, ademais, comprométese a elaborar plans rurais comarcais, que incluirá un novo plan de formación rural e no que se incentivará a investigación e formación a favor de novas producións agrarias e acelerarase e rematarase os procesos de concentración parcelaria que están en marcha.

No que se refire á educación, haberá liberdade dos pais para que elixan onde queren que estuden os seus fillos e haberá unha aposta decidida polo trilingüismo.

As infraestructuras serán tamén un aspecto relevante para o Goberno do Partido Popular. Así, nos 100 primeiros días de goberno poñerase en marcha un plan para que todas as obras de infraestructuras que están pendentes ou paralizadas se poñan en marcha especificando os orzamentos necesarios e os seus plazos de execución.

Para o pequeno comercio, que xenera máis de 110.000 empleos en toda Galicia, o PP comprométese a levar a cabo un plan de choque para paliar a crise que afecta a este sector, incluindo unha liña de créditos blandos e flexibles.

Para Medio ambiente os compromiso estrela dos populares é o vertido cero e a dotación de depuradoras nos núcleos de población de máis de 2.000 habitantes.